Redes

Redes

En Ítaca Software Libre non entendemos a nosa actividade como a mera realización de procesos illados. Deste xeito, gústanos participar na sociedade que nos arrodea e, se podemos, facémolo con outras entidades que creen que por riba da economía está a persoa.

 

O Tendal

O Tendal é un proxecto de intercooperación no que participamos cinco cooperativas galegas: O Cable Inglés, Cidadanía, Marketing Tangible, Xedega y nosotros.

Ao longo do último ano traballamos xuntos no deseño de procedementos de traballo que nos permitan ofrcer servizos de alto valor engadido e, sobre todo, integrados, a outras cooperativas, organizacións e empresas. Cada cooperativa aporta o seu saber facer en deseño e comunicación, estratexía de mercado e social, marketing, internalización e servizos web... e agora podemolos ofrecer de forma coordilogo-o-tendalnada e orientada á mellora dos servizos para os nosos clientes.

Dende o primeiro momento en Ítaca tivemos a sensación de que esta é unha gran oportunidade para os noso clientes, presentes e futuros, pero sobre todo o ten sido para nós porque nos deu a oportunidade de traballar con outra xente moi boa e aprender dos seus métodos para implantalos despois na nosa propia casa.


 

REAS Galicia

logo_reas_GALICIA

É a Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia. Máis de 15 iniciativas económicas compartimos as nosas inquedanzas e aprendemos uns dos outros, nunha contorna de economía solidaria. Ademais, pretende difundir e dar a coñecer a economía solidaria na sociedade galega, e aumentar unha rede de empresas solidarias con características éticas.



Foro Microutopias

logomicroutopias

Dende hai máis de 10 anos o Foro Microutopías reúnese de xeito periódico en distintos lugares de España. Está integrado tanto por entidades económicas como por organizacións sociais. Ao mesmo tempo, celebramos actos de denuncia social, xornadas de formación,...

 

Agestic

agestic

Agestic é unha organización empresarial que agrupa con carácter voluntario ás empresas do sector das tecnoloxías da información e comunicación que teñen como ámbito de actuación a Comunidade Autónoma de Galicia. Foi constituída o 1 de Decembro de 2003, e Ítaca Software Libre é socia dende 2005.

 

Inteco

logo_inteco153

O Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación, S.A. (INTECO) é unha sociedade mercantil estatal, con sé en León (España), adscrita ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información. Está participada ao 100% pola Entidade Pública Empresarial red.es. O seu obxectivo fundamental é servir como instrumento para desenvolver a Sociedade da Información, con actividades propias no eido da innovación e o desenvolvemento de proxectos asociados ás TIC.

 


Se cres que Ítaca Software Libre pode cadrar na túa estrutura, ¡non dubides en preguntar!

Os nosos traballos

Outras solucións

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.