Equipo Humano

 

Ítaca Software Libre é unha iniciativa formada por persoas que traballamos xuntas pero somos tamén persoas que compartimos as nosas inquedanzas, os nosos problemas e as nosas ganas de amosar que, xuntos, podemos facer outra economía.

Algúns dos nosos principios están claros: non nos move o afán de lucro porque podemos vivir con menos, podemos e queremos compartir os recursos que temos en igualdade, cada un de nós traballamos en liberdade e con liberdade para protagonizar o noso destino profesional. Todos e cada un de nosoutros, das nosas familias, dos nosos amigos, dos nosos clientes, do mundo... somos importantes de verdade.

 

Ítaca Software Libre, está formada por:

Yolanda Sánchez Sánchezyolanda

 

Yolanda é de Escairón e nótaselle... Está casada e é nai de dúas nenas, Sara e Xiana, e dun neno, Lucas. Dende hai máis de 15 anos vive na Coruña, a onde veu para estudar, Ciencias Económicas.

Antes de aplicar o que aprendeu na Facultade foi unha hábil administradora, e o segue sendo, do seu propio fogar. Traballou para a Administración Tributaria en resolver todo tipo de consultas sobre impostos.

É a responsable de cadrar as nosas propias contas e de acompañar aos nosos clientes cando lles implementamos Software de Xestión. Nin que dicir ten que como boa ministra de facenda non só corta partidas cando fai falta, senón que logra sacar o máximo rendemento económico cando é preciso.

oscar

Óscar López Sánchez

Óscar dixo unha vez que era cidadán do mundo pero ser é de Monforte de Lemos (sitio distinto). Estudou no colexio dos Pais Escolapios da súa vila natal e Enxeñería Técnica Informática na Coruña (si, si, seica impera o norte). Un día foise a León porque alí estaba o seu amor e agora está a súa vida. É pai de Xacobe e Aloia e o tipo vive a contados 20 metros da Catedral de León.

Antes de traballar connosco adicouse, entre outras cosas, á xestión de equipos e redes informáticas para un concello da bisbarra coruñesa e á administración de sistemas nunha empresa de telemárketing. Agora pon todas as súas forzas á programación web, ás bases de datos e a facer o que se lle pon por diante, que non é pouco.


Asier Epelde Piñeiroasier

Asier non sabe de onde é. Naceu en Azkoitia (Guipuzkoa) pero leva tantos anos en Galicia que fala galego aos seur fillos, Luga, Pello e André. Vive en Vedra, residiu en Vigo, Santiago e Silleda. O seu sitio preferido é Bolmente, no concello de Sober en plena Ribeira Sacra.

Estudou Historia en Santiago de Compostela e téntao coas Ciencias Empresariais na UOC. Aínda non a rematou, pero faráo (iso di).

En Ítaca adícase á xestión comercial, relación cos clientes e co mundo. Non esaxeramos ao afirmar que ten un contacto continuo coas redes sociais, coas novas recentes e co seu segundo grande amor: a Real Sociedade de Fútbol. Por último, un segredo: non hai foro en internet que se lle resista.


alfredoAlfredo Losada Suárez

Outro de Monforte. É avogado en exercicio. Non nos enganemos, a informática non é o seu, pero por riba de todo é o noso amigo así que sempre terá un lugar entre nós. Estudou tamén nos P. Escolapios pero se ve que non se lle pegou o mesmo que a Óscar. Estudou Dereito na Universidade da Coruña e un máster sobre Protección de Datos na UNED.

Se non temos en conta as súas dúas grandes lagoas (a informática e o bricolaxe) podemos asegurar que é un home sabio e renacentista: sabe de leis, de deportes (é quen de recitar a alineación de, alomenos, os últimos 20 campións da FA Cup inglesa de memoria), de teoloxía (é moi bo nisto), de literatura, de historia, ...

En Ítaca ocúpase en cumprir e facer cumprir a Lei Orgánica de Protección de Datos. Tamén hai que dicir que non hai texto que non pase polos seus dedos correctores.

Juan López Sánchezjuan

É o marido de Yolanda, polo tanto, ademais de pai de familia numerosa, fai as veces de compañeiro de traballo da súa esposa. Dende hai máis de 15 anos vive na Coruña a onde veu para estudar, este si, a Licenciatura en Informática.

Como el mesmo dixo un día, é a parte intercambiable do outro informático, de quen é o irmán xemelgo.

Dende logo se o pingüino é o seu animal favorito non ten moito que ver co seu interese polo polo norte, senón pola súa grande afición: o Software Libre.

Traballou na Cámara de Comercio da Coruña, en varios centros formativos, e agora faino tamén nun instituto de secundaria. Axúdanos no que pode e dende aquí lle facemos un recoñecemento como un dos nosos.

 

Os nosos traballos

Outras solucións

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.