Ítaca Software Libre, Sociedade Cooperativa Galega é unha consultoría informática especializada en Software libre que desenvolve a súa actividade tanto para empresas como para outro tipo de entidades ou organizacións.
- Eliximos o Software Libre como ferramenta de traballo porque entendemos que é unha proposta ética de crear coñecemento e valor nas organizacións.
- O Software Libre permite aos nosss clientes non renunciar á liberdade que deben ter como protagonistas na elección da solución adoptada.
- Sabemos que as organizacións poden adoptar solucións libres para, practicamente, dar resposta a calquera necesidade: dende software de escritorio para labores ofimáticas ata software de xestión de alto valor engadido pasando por sistemas operativos ou paquetes web integrados.
- O Software Libre permite adaptar as nosas solucións ás necesidades dos nosos clientes e non ter que adaptar os nosos clientes ás solucións adoptadas.
- Por último, o Software Libre obríganos a mellorar continuamente porque os nosos clientes sempre dispoñen do Código Fonte do seu software e son libres para buscar outro provedor en todo momento.