Ítaca Software Libre, Sociedade Cooperativa Galega é unha consultora informática que apoiándose en sistemas de código aberto e software libre, ofrece a empresas e todo tipo de organizacións, servizos de consultoría informática de grande valor engadido.
Para nós a tecnoloxía é un medio para ser mellores, máis competitivos, estar presentes en entornos impensables hai uns poucos anos... pero tamén para ser socialmente máis responsables e desfrutar das vantaxes que nos permite a correcta xestión da información.
A tecnoloxía debe estar ao servizo da persoa e non ao revés.
Cremos no Software Libre como o modelo de desenvolvemento tecnolóxico sostible, responsable e ético. A apertura non é limitación senón crecemento. Compartir é crer en sinerxias, crer en ti e en min, é crer en nós. E nós, cremos!