Software de Xestión (ERP)

Software de Xestión (ERP)

Un ERP, ao funcionar como un sistema integrado, permite que toda a empresa, os seus sistemas e procesos poidan reunirse baixo un mesmo esquema para benificiar a toda organización.

 

Ao longo da última década acentuose a necesidade de que toda organización ten que mellorar a súa productividade; a Calidade Total xa se impón como un dos modelos de xestión máis rendibles.

abanq

Nesta aposta, dispor dun bo software de xestión integral é primordial para evitar perdas de tempo e de información xa que unha única acción xera unha cadea de movementos no software que nos fai más doada a vida.

Nestes anos multiplicáronse as solucións libres en ERP's. Tanto dende a administración como dende as empresas apóiase o desenvolvemento de plataformas 100% produtivas e con todas as vantaxes do Software Libre intactas.


No 2007 Ítaca Software Libre certificámonos como Silver Partner de AbanQ ERP e realizamos instalacións en empresas de varios sectores en Galicia..

AbanQ é un software orientado á administración, xestión comercial e finanzas. Conta con diversos módulos que o convirten nun programa ideal para proxectos en crecemento.

AbanQ, ao ser un programa modular, pode adaptarse tanto para a contabilidade e facturación dunha PEME, como para a xestión e administración de grandes empresas. Se lle engadimos que ao ser Software Libre podemos personalizaro, permítenos ofrecerlles aos nosos clientes un servizo o máis axustado posible ás súas necesidades.

 

abanq1

 

As dúas grandes áreas do programa son Facturación e Financeira (Contabilidade). Logo, consonte as necesidades do cliente podemos engadir outras como Produción, Recursos Humanos, Proxectos, CRM, ...

Cada área, á súa vez, está dividida en módulos, que cubren unha determinada faceta da área á que pertencen (por exemplo, na área Facturación, os módulos tesourerí­a, almacén, informes, ... na área Financeira principal, informes...).

 

abanq2

 

Dentro de cada módulo podemos facer distintas accións (por exemplo no Módulo Almacén da Área Facturación, están as accións de xestión de artigos, xestión de stocks, etc.).

abanq3


Os nosos traballos

Outras solucións

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.