Servidores e sistemas

Foto de Jamiso Judd Foto de Jamiso Judd

¿Sabías que 457 dos 500 principais servidores do mundo están provistos dun sistema operativo GNU/Linux?

A seguridade, robustez e escalabilidade das solucións de conectividade baseadas en linux (software libre) están sobradamente probadas, incluso con clara vantaxe sobre solucións de software propietario.

Algúns dos servizos máis relevantes que podemos ofertarvos son:

  • Configuración e mantemento de redes cableadas.
  • Despreocúpate de manter a configurarión óptima da túa rede. Nós nos encargamos dela con monitorizacións periódicas do estado das conexións.
  • Políticas de contas de usuarios e seguridade.
  • Os Sistemas Operativos GNU/Linux caracterízanse pola seguridade que incorporan aos nosos sistemas e esta vén sendo unha das razóns do seu éxito.
  • Auditorías e plans de seguridade (instalación de firewalls e sistemas de detección de intrusos).
  • España é un dos países nos que a banda ancha acadou maior difusión. Xa é habitual que detectemos programas "zombis" que tratan de instalarse nos servidores dos nosos clientes para aproveitar determinados recursos, como a velocidade da conexión, con outros fins (xogos, descargas...)
  • Implantación de servidores web, mail, dns, ldap,...
  • Aínda que os servizos de hosting compartido son hoxe en día moi económicos, en ocasións pode ser interesante aloxar pequenas aplicacións no noso propio servidor. Os sistemas GNU/Linux permiten obter o máximo rendemento á nosa instalación.
  • Implantación ofimática con software libre.
  • Tes que renovar ou legalizar a licenza do teu paquete ofimático? Non o penses máis, avalía e valora as opcións que o Software Libre te ofrece con paquetes como LibreOffice. Somentes probando outras opcións, estarás seguro de que decides o melor.
  • Sistemas de monitorización e backup (copias de seguridade).
  • As copias de seguridade son fundamentais. Na actualidade os servidores adoitan estar provistos dun segundo disco duro, réplica do principal, pero as boas conexións de datos e os servizos de hosting competitivos permiten que, en caso de catástrofes importantes, os teus datos estean postos a bon recado fóra das instalacións.
  • Configuración e mantemento de redes sen fíos (wireless).
  • Ás vegadas nos atopamos que o más complicado, caro e complexo de realizar na creación de infraestrutura de rede é o propio cableado. Ata hai pouco os edificios non estaban preparados para conectar todos os postos de traballo entre si. Non pasa nada se este é teu caso. Podemos levar a conexión de datos a onde más te interese con sistemas Wifi e disfrutarás de toda a potencia da túa rede, sen fíos, sen obras e ao instante.
De todos os xeitos, se cres que o que precisas non está aquí recollido, ponte en contacto connosco para que te botemos unha man.

Os nosos traballos

Outras solucións

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.