Protección de datos

Protección de datos

A protección de datos, unha nova obriga para as empresas e profesionais

O dereito á protección de datos de carácter persoal vén sendo recoñecido como un dereito fundamental. Aínda que non consta como tal na Constitución, a Sentenza 292/2010 de 30 de novembro, do Tribunal Constitucional, recoñeceu a relevancia de tal dereito, outorgándolle unha garantía e unha protección xurídica, que os poderes públicos e todo cidadán deben cumprir:


O dereito fundamental á protección de datos persegue garantir á persoa un poder de control sobre os seus datos persoais, sobre o seu uso e destino, co propósito de impedir o seu tráfico ilícito e lesivo para a dignidade e dereito do afectado.

Toda entidade que empregue datos persoais debe tratalos consonte a normativa vixente, e para isto contamos con persoal cualificado para a adaptación completa, tanto regrada (inscrición de ficheiros na Axencia Española de Protección de Datos e entrega de documentación e protocolos) como impartindo formación presencial ou virtual ás persoas que teñen acceso real a datos persoais.

Neste senso, dispomos dun aula virtual formativa, que permite tanto a resolución de dúbidas a través dun foro interno, para favorecer a comunicación alumnado-profesorado, como unha actualización continua da normativa. A resolución de casos prácticos reais, neste eido, resulta fundamental, dado o carácter eminentemente casuístico da materia.

Estamos convencidos de que hai que tratar os datos persoais para garantir a súa seguridade e confidencialidade, en especial cos medios tecnolóxicos e de comunicación máis empregados, como as redes sociais. Ademais, debe proporcionarse a máxima información posible para que todos poidamos ter un coñecemento profundo dos nosos dereitos neste campo.

As pegadas a seguir cando guiamos a empresas ou outras entidades, para que os datos que manexen estean tratados segundo a normativa vixente, son os seguintes:

  • Auditoría previa
  • Documento de seguridade
  • Entrega de avisos legais
  • Confección de contratos de cesión de datos
  • Charla formativa presencial
  • Seguemento de medidas de seguridade

Os nosos traballos

Outras solucións

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.