Estás a pensar en pór en marcha a súa propia tenda virtual pero non sabes que opcións lle ofrece a tecnoloxía web?
Cada proxecto de Tenda Online ten as súas propias particularidades e por iso gústanos tratalos de forma individualizada. Realmente o Software Libre ofrece respostas para case todas as preguntas que como promotor dunha tenda tes que facerte:
- É o medio online o único no que estarás presente ou terás tamén tenda física?
- Tes xa un portal web con tráfico importante?
- Que solucións tes para a loxística (almacenamento, envíos...)?
- Tes pensado na forma de pago que queres implementar?
Se o mellor para ti é ter toda a tienda, física e online, integrada nun único Softwware, apostaremos por implementar StoreQ, que é o módulo de Abanq ERP para comercio online.
Con esta ferramenta poderás xestionar integralmente a túa tenda: dende a presentación na web ata o almacén, pasando por facturación e contabilidade.
Ter todo integrado supón grandes vantaxes: a curva de aprendizaxe diminúe xa que só tes que manexar un programa, por suposto, aforro en tempo de xestión, os erros minimízanse...
Se dubida, esta é unha grande opción para un proxecto que dá os seus primeiros pasos.
Tamén podemos crear unha tenda independente con Virtuemart, que é o módulo do xestor de contidos Joomla, para comercio electrónico.
Esta opción ofrécenos centos de posibilidades: deseños clásicos e rompedores, integración con practicamente todas as pasarelas de pago, centos de combinacións e configuración, desenvolvemento constante de novos plugings...
O deseño destas tendas é similar ao que realizamos con Portais Web e o resultado pode ser certamente espectacular.
Esta é unha grande opción cando xa tes unha tenda física en marcha e non é rendible trocar todo o software que estás a manexar: abaratas custos porque non se realizan cambios nos sistemas máis estratéxicos do teu negocio e podemos pór todo o esforzo no deseño e a usabilidade.
Con esta opción aprovéitase todo o potencial que o Software Libre ofrece para realizar adaptacións a medida cunhas condicións moi boas.