Consultoría...

Consultoría...

O noso perfil multidisciplinar habilítanos para estudar, avaliar e implementar solucións en empresas e organizacións

O noso principal punto de partida, é ter claro que facer unha consulta non é vender un produto ou un servizo, senón dar resposta e solucións aos problemas detectados.

Todos os nosos servizos están relacionados coa consultoría, pero a contorna de traballo na que, de seguro, máis se materializa é no desenvolvemento de software a medida:

  • En primeiro lugar, debemos determinar e clarificar cales son os procesos de traballo que hai que reproducir na aplicación.
  • Feito isto, temos que simplificar estes procesos para aproveitar e mellorar a forma de traballar.
  • Unha vez que consideramos que xa é o intre, comezamos a funcionar a un nivel estritamente técnico. Os informáticos elixen as mellores ferramentas, linguaxes, infraestruturas... necesarias. Tamén neste momento podemos determinar que existen alternativas ao software a medida, e cales son os seus pros e contras.
  • Durante o período de programación a aplicación sofre inevitables variacións porque a teoría case nunca é como a práctica. Temos que estar preparados para os imponderables.
  • Polo xeral, o último gran repaso ao Software váiselle dar cando é probado por vez primeira polo cliente con todas as funcionalidades: algúns procesos sempre serán susceptibles de ser mellorados, outros será eliminados por inútiles e otros haberá que incorporalos porque non se tiveron en conta.

  • Somentes cando o noso cliente está satisfeito de maneira plena do desenvolvemento realizado damos por rematado o proxecto.

Os nosos traballos

Outras solucións

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.