Software de xestión: Facturascripts

Software de xestión: Facturascripts

 

Un ERP, ao funcionar como un sistema integrado, permite que toda a empresa, os seus sistemas e procesos poidan reunirse baixo un mesmo esquema para beneficiar a toda a organización.

 

 

Ao longo da última década acentuouse a necesidade que toda organización ten de mellorar a súa produtividade. A Calidade Total impúxose como un dos modelos de xestión máis rendibles.

Nesta aposta, dispoñer dun bo software de xestión integral é fundamental para evitar perdas de tempo e de información xa que unha única acción xera unha cadea de movementos no software que nos fan a vida máis fácil.

Nos últimos anos multiplicáronse as solucións libres en ERP's. Tanto desde a administración como desde diferentes empresas, apoiouse o desenvolvemento de plataformas 100% produtivas e con todas as vantaxes do Software Libre intactas.

 

Seguimos avanzando en soluciones ERP's, un novo paso, Facturascripts, un programa web, que permite levar a xestión de túa empresa, alá onde teñas conexión a internet.

 

Comezamos o ano 2017 cunha nova aposta para poder seguir dando a mellor das respostas aos nosos clientes.

Facturascripts é un software, orientado á xestión integral da empresa, desde o máis sinxelo, que é poder levar unha facturación básica, chegando a poder integrar a contabilidade, a xestión de clientes, unha tesourería en grao sumo completa, unha tenda online, e un longo etc, todo iso perfectamente adaptable ás necesidades de cada empresa.


Facturascripts, pódese adaptar tanto para a contabilidade e facturación dunha PEME, como para a xestión e administración de grandes empresas. Se lle sumamos que ao ser Software Libre podemos personalizalo, permítenos ofrecerlles aos nosos clientes un servizo o máis axustado posible ás súas necesidades.

Facturascripts, é un programa que se pode descargar libre e gratuitamente desde a súa páxina web. Ademais hai unha serie de plugins, tamén gratuítos, e logo outros, normalmente máis complexos de pago. Está abalado e apoiado por unha serie de programadores que o mantemos actualizado e que estamos dispostos para calquera servizo que podamos prestar, desde a instalación do mesmo, ao aloxamento, ou á personalización daquilo que fose necesario para que poida responder ás diferentes formas de traballo de cada cliente.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

Outras solucións

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.