Bispado de Lugo

O Bispado de Lugo púxose en contacto connosco pola necesidade que tiñan de centralizar o seu sistema cun servidor. Logo de facer unha breve consultoría para ver as súas necesidades, chegamos á conclusión de que o que precisaban era un equipo que lles fixese a función de Servidor de Rede, Servidor de Arquivos e Servidor Lamp.

  • Servidor de rede: permite a conexión entre o servidor e os clientes e tamén entre os propios clientes. Como características básicas dicir que permite a xestión básica de usuarios e de copias de seguridade, ademais de implementalo cunha ferramenta de xestión de recursos e permite o acceso remoto aos arquivos.
  • Servidor de arquivos: permite ao Bispado centralizar toda a información importante. Almacénase toda a información dos usuarios, coa vantaxe de que se ten acceso controlado aos recursos por medio de contrasinais.
  • Servidor LAMP: Para configurar os servizos web ou servidores dinámicos requírese dun conxunto de software que se inclúe neste acrónimo, formado polas iniciais de Linux (sistema operativo), Apache (servidor web), MySQL (xestor de datos) e Php (linguaxe de programación).

 

Tamén solicitáronnos axuda para implementar un software de xestión.

Dende un principio crimos que Abanq ERP podía encaixarlles: é un programa licenciado con GPL e polo tanto estamos en condicións de adaptalo ás súas necesidades modificando o código fonte ata onde sexa necesario.

Tivemos varias reunións nas que estudamos a forma na que querían realizar o seu traballo no día a día, particulariedades da súa xestión, en definitiva: estudamos todo o necesario para cadrar o software coma unha luva.

Estas implementacións nunca son sinxelas pero para nós foi un caso de éxito do que nos sentimos especialmente fachendosos, pola entidade do cliente, polo traballo de consultoría ben feito que precedeu á implementación e tamén polo diálogo constante co propio persoal do bispado.

 

Finalmente, axeitamos a xestión dos seus datos ás esixencias da Lei Orgánica de Protección de Datos, así que tamén demos de alta varios ficheiros na AEPD, formámoslles nas medidas a adoptar e fixémoslles entrega do documento de seguridade.

Outras solucións

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.