Alteraudio é un Gabinete Audiolóxico ubicado na cidade de Burgos.
A nosa laboura consistíu na creación do seu portal web. O deseño realizouse a partir do logo mantendo a gama cromática, fonte... Quixemos darlle moita carga comunicativa á proposta social do gabinete porque en realidade os seus criterios sociais e económicos son excepcionais.
Ademais implementouse un pequeno catálogo con produtos destacados, unha API de Google Street View, galerías de imaxes e un blogue que pode servir como medio de comunicación cara os seus clientes e entorno de influxo.
A páxina principal está composta por un Slideshow formado por slogans e imaxes, por un test de audición que pode servir para unha autoavaliación de necesidades, por acceso ás seccións máis críticas (cita previa, ofertas,...) e un somero mapa web.
Todo o desenvolvemento realizouse co xestor de contidos libre Joomla!