Amosando artigos por etiqueta: intranet
Xoves, 24 Maio 2012 08:13

Xestiónate

O proxecto XESTIONATE é unha aplicación web de xestión asociativa, dirixida sobre todo a entidades que traballan no Terceiro Sector, facilmente adaptable a outras entidades grazas a posuír unha estructura modular.

Na súa primera versión, a aplicación Xestiónate contempla as seguintes funcionalidades:

 

  • Xestión de socios:
  • Poderás ter na aplicación toda a información relativa aos socios: data de alta, datos persoais, trocos de enderezo,...
  • Xestión de usuarios da aplicación:
  • Tamén poderás xestionar os usuarios que acceden á aplicación e personalizar os seus permisos de lectura, edición, escritura...
  • Panel de control e axustes da aplicación:
  • Dende aquí controlarás os aspectos máis xerais de configuración.
  • Recibos e remesas:
  • En función da vosa forma de traballar na asociación, se procede poderás emitir recibos e remesas ao banco diretamente.
  • Xestión cotas/gastos de socios:
  • Saberás se tes todos os pagos ao día, se che devolveron un recibo, se hai gastos engadidos,...
  • Xestión de avisos:
  • Configura diferentes alarmas para que o sistema advirta de que nun prazo ou nunha xestión teñen que ser realizados.
  • Xestión de actividades/Calendario de Eventos:
  • Dunha forma visual nun calendario segue a evolución das actividades.
  • Xestión de informes:
  • Se precisas estar ao tanto de todo o que ocorre, visualiza e imprime informes en pdf: número de altas ou baixas entre datas, informe de ingresos, número de actividades, etc.

Xestiónate emprega tecnoloxías web como PHP, AJAX e MYSQL.

A elección destas tecnoloxías resposta ás seguintes vantaxes:

  • Multiplataforma: Independencia do sistema operativo
  • Facilidade de uso mediante navegadores Web
  • Favorecer o traballo a distancia e a mobilidade
  • Sinxeleza no proceso de aprendizaxe de uso do programa
Publicado en ContidoWeb

Outras solucións

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.