yolanda

yolanda

Aínda que levamos uns duros meses de traballo e posta a punto, hoxe presentamos na web (na sección dos nosos servizos) a nosa nova aposta: FacturaScripts​, un software de xestión web, que permite poder levar a xestión da vosa empresa desde calquera lugar onde teñades conexión a internet.

Mércores, 30 Outubro 2013 09:55

Un ano traballando con ENEBOO

Alá por primavera do 2012, un grupo de informáticos decidiron emprender unha nova viaxe no mundo dos ERPs (software de xestión de empresas), un grupo moi diverso, onde se encontraban dende autónomos ata pequenas e non tan pequenas empresas do mundo do software libre. Creouse a comunidade de Eneboo, e Ítaca comezou a participar do proxecto.

En outubro do mesmo ano tivo lugar en Coruña la Libre Software World Conference (LSWC), onde se presentou Eneboo, da man de Jorge Serna, de Gestiweb, que viña acompañado de xente de Calidae

Tivemos a oportunidade de reunirnos con eles e quedamos en ir á presentación oficial, en Ontiyent (Alicante), alí encontrámonos co resto de partnes de Eneboo e dende entón seguimos traballando na comunidade.

Eneboo é un ERP que non deixa de avanzar, grazas aos distintos proxectos que cada empresa temos cos nosos clientes, e as distintas achegas á comunidade, cada día está máis consolidado.

Xa falamos moitas veces das vantaxes do Software Libre, esta vez aplicadas a Eneboo podemos dicir que, ao ser un programa moi versátil, pode valer tanto para levar a facturación dunha pequena empresa, coma para levar as vendas dunha tenda física, ou virtual, como para levar a xestión completa dunha grande empresa... En definitiva, é unha solución para calquera tipo de cliente.

Os nosos técnicos, ao estar dende o principio no proxecto, teñen todas as ferramentas para poder adaptalo a calquera, ou ben, case calquera suposto que se poida dar. E como sempre apoiados pola comunidade de Eneboo, onde calquera problema que xurda se pode debater e buscar a mellor solución.
Pasado un ano e vendo todo o que conseguimos, estamos convencidos de que este é un proxecto xa consolidado, que nunca vai deixar de avanzar porque un ERP non pode parar de avanzar, xa que ten que ir cambiando coas formas de traballar de cada entidade.
Venres, 28 Decembro 2012 15:03

No fin do ano 2012

Rematamos outro ano de andadura... un ano no que temos que falar dun balance moi positivo, sobre todo os últimos meses non damos abasto con toda a carga de traballo que temos...

Antes de nada queremos felicitarvos o Nadal, aínda non tivemos oportunidade de facelo, debido en parte a esta carga de traballo e en parte, a que nestas datas andamos un pouco desperdigados. A pesar delo hoxe é o momento, atopamos o oco para desexarvos de todo corazón que a chegada do neno Xesús vos encha de esperanza aos que o estades pasando mal por algunha razón, que vos dea forza para seguir adiante a pesar das dificultades, e para os que non credes, que a ledicia que podemos ter os cristiáns vos chegue e vos contaxie...

Hoxe non podemos máis que agradecer aos nosos clientes e amigos a confianza depositada en nós. Somos conscientes que nos tempos que corren non é fácil meterse en novos proxectos, arriscar, … pero tamén é certo que non nos podemos quedar parados, que se uns polos outros non tiramos, non nos apoiamos, será máis dificil saír da situación global de crise.

Nós, desde o principio, tivemos a convicción de que outra economía é posible, e por iso é polo que tentamos poñer o noso gran de area, dentro desta economía chamada social ou solidaria... e non é só que o digamos de palabra... tamén hai feitos.

Empezamos coa nosa organización, completamente asemblearia. Case todas as decisións pasan por todos, e cando digo todas son todas, dende a redacción dun correo (por poñer un exemplo....) ata canto cobramos, ou se un o necesita máis que outro un mes, ou se baixamos o salario (ou incluso un mes non cobramos) ou o subimos, en función de como está a situación económica de cada un de nós e da empresa, ... e isto aínda que para nós xa é algo asumido no día a día, temos que recoñecer que é froito do traballo en grupo de moitos anos, antes xa de crear a empresa. Somos completamente autoxestionarios, tanto persoal como empresarialmente falando. Persoalmente nós somos os que nos poñemos os horarios e nos xestionamos os tempos de traballo, por suposto temos uns responsables de cada proxecto (tentamos que sexa un técnico e un non técnico para ter as dúas visións) e temos a responsabilidade de tentar levalo a cabo nos prazos e nos termos pactados cos nosos clientes. Empresarialmente falando, non dependemos de subvencións, e tentamos autofinanciarnos.

Respecto aos proxectos, por suposto que hai uns que nos gustan máis que outros, pero pulamos por que sempre estea presente a calidade á hora de levalos á cabo. Tentamos tamén cuidar a xente e empresas coas que traballamos. Algunhas veces se nos ten dado o caso de pensar se rexeitamos un proxecto porque, por exemplo, a empresa que nos quería contratar estaba denunciada porque contaminaba moito... pero ao final non fomos nós os que tivemos que rexeitala... Por sorte non tivemos ningún problema máis deste tipo, pero temos claro para quen non traballariamos...

Tamén temos que falar de que ás veces erramos, nos equivocamos en estimacións de tempos, pode faltar comunicación fluída entre o cliente e nós, … en fin erros que asumimos e tentamos cambiar.

Ao final, os nosos clientes están nos nosos ambientes, por iso temos que nomear a ONGs, asociacións, sindicatos, anpas, tendas ecolóxicas ou de comercio xusto, cooperativas de consumo, librarías, xente e institucións de Iglesia, banca ética, e un longo etc. no que incluimos outro tipo de empresas e profesionais.

E, como xa vos vimos anunciando, todo isto, ímolo reflectir transformando a SL en Cooperativa, polo tanto remata para nós un ano, e remata unha fase: Ítaca Software Libre, SL morre, e nace Ítaca Software Libre, Soc. Coop. Galega, por suposto non nace de cero, nace herdando todo o que vos acabo de contar... Somos conscientes que é un novo reto para nós, é un cambio en moitos ámbitos, seguridade social, facenda, rexistros, … pero é unha coherencia para o resto de sectores nos que xa estabamos traballando, bueno, e só nos queda dicir que esto o facemos con algo de medo porque evidentemente é un novo reto, pero sobre todo o facemos con ilusión e con ganas e esperando que este nacemento nos siga a dar tantas alegrías como nos deu a SL.

Mércores, 28 Novembro 2012 11:10

Nos transformamos...

"Algunos de nuestros principios están claros: no nos mueve el ánimo de lucro porque podemos vivir con menos, podemos y queremos compartir los recursos que tenemos en igualdad, cada uno de nosotros trabajamos en libertad y con libertad para protagonizar nuestro destino profesional. Todos y cada uno de nosotros, de nuestras familias, de nuestros amigos, de nuestros clientes, del mundo... somos los verdaderamente importantes."

Si os paseasteis por nuestra web habeis podido leer la cita anterior en el apartado de Equipo Humano. A algunos os sorprendería esta declaración de principios en una Sociedad Limitada, ya que lo lógico es que lo que pretenda sea conseguir el máximo beneficio, tal y como está establecido en este sistema económico que nos toca vivir...

Pues bien, cuando el grupo de amigos que formamos Ítaca decidimos emprender, ya teníamos claro, por nuestro rodaje, que lo nuestro no era seguir las directices del sistema, y en la medida en que pudierámos, pues queríamos alejarnos de dichas directices. Pero  claro, las cosas no suelen ser o blancas o negras, y aunque lo nuestro no era estar con el sistema es cierto que en él sí que tenemos que estar. Y de repente nos encontramos con que los más fácil, y casi la única opción que teníamos para empezar, era montar una S.L., anque teniendo en mente pertenecer a una rede de economía solidaria.

Y así fueron pasando 5 años en los que trabajamos con los principios y valores de la economía solidaria (estos principios están muy bien recogidos en la Carta Solidaria de REAS), siempre en contacto con otras realidades u organizaciones que luchan porque la economía esté al servicio de la persona, buscando una sociedad más justa. Dentro de estas organizaciones estamos en REAS Galicia o en el Foro Microutopías, y colaboramos con otras realidades como FIARE, distintas ONG's, ... esto también se ve reflejado en nuestros clientes, que van desde pequeñas empresas a sindicatos, ong, diócesis, ANPAS de colegios,...y otras organizacionies sin ánimo de lucro como Mutuas, Colegios profesionales...

Por todo esto, ahora que tenemos el número apropiado de socios trabajadores (como mínimo 3) para montar una cooperativa, en estas andamos... Porque creemos que la cooperativa es lo que mejor refleja nuestra forma de trabajar y de interactuar con los demás...

Despuéis de una etapa de formación, ya tenemos preparados los estatutos que presentaremos estos días en el Registro de Cooperativas para su cualificación previa. Así que si todo sale como contamos, a partir de primeiros de año Ítaca Software Libre, S.L., se transformará en ÍTACA SOFTWARE LIBRE, S. COOP. GALEGA.

Nos transformamos pero en el fondo nio cambiamos.



Se tes un pequeno comercio en Galicia e estás buscando renovarte ou mellorar a nivel técnico, agora é o momento, xa que a Consellería de Economía e Industria está a piques de abrir o prazo das subvencións para promover a Sociedade da Información no comercio retallista (é unha subvención limitada a entidades dadas de alta en determinados epígrafes do IAE).

As axudas cobren ata o 70%, cun máximo de 3000 euros, do investimento en:

  • Ordenadores portátiles ou sobremesa.
  • Pack de software de xestión.
  • Páxina Web comercial.
  • Periféricos ou outros compoñentes.
  • Pack TPV integrado: este caso exclúe aos anteriores por ser un pack integrado por ordenador, monitor, impresora de tickets, caixón portamoedas, e o software.
Cada unha das modalidades teñen un custo máximo e unhas especificacións concretas polas que podedes preguntarnos.

Ítaca Software Libre somos entidade colaboradora nesta subvención e nos encargaríamos de xestionar todo o papeleo: o noso cliente só ten que cumprir uns requisitos e darnos a documentación que pide a Consellería. Nós encargámonos de pedir a subvención.

Unha vez estea concedida a subvención, o noso cliente tennos que pagar a factura polos servizos prestados, descontando xa a subvención, é dicir, que se queres unha web cun custe de 1.000€ e che conceden a subvención por 700€, só nos terías que pagar 300€ (máis o IVE dos 1.000 xa que a subvención non cubre os impostos).

Pois xa sabes, cunha redución do prezo dun 70% podes cambiar ese programa que se vai quedando obsoleto, ou que non usas por ser moi complexo. Tamén podes darte a coñecer en Internet a través dunha web, nos tempos nos que estamos, renovarse e buscar medios para non quedarse estancados é importantísimo e ter unha páxina web é imprescindible.

Se che interesa algún destes servizos non dubides en poñerte en contacto con nós, darémosche toda clase de información sen ningún tipo de compromiso, e se finalmente optas por contratar algo, nós nos encargamos de xestionar todo o papeleo ante a Consellería.

Luns, 25 Xuño 2012 10:31

Munich e o Software Libre

Hai uns meses saíu nos xornais a nova de que Munich aforra 4 millóns de euros tras a súa migración ao software libre. Profundizando un pouco na nova podemos ver un claro, aínda que non fácil, éxito de migración.

A cousa empezou en 2003, cando o concello dá un primeiro paso, decide deixar de usar Microsoft en máis de 15.000 ordenadores, e pasarse a un sistema aberto baseado en GNU/Linux.

Xa vos podedes imaxinar a loita de ofertas e contraofertas que houbo nestes primeiros momentos co obxectivo de que o concello cambie de idea. Seguramente para Microsoft non era tanto a perda económica (uns 35 millóns de dólares anuais, cando por exemplo, ese mesmo ano, as súas ventas foron de máis de 32.000 millóns de dólares), o importante era a repercusión que podía ter a nivel mediático.

Quizais tamén o importante da decisión que tomou o concello de Munich, non radica en que pensasen na cantidade de euros que ían aforrar, senón que máis ben foi unha decisión en base a uns plantexamentos filosóficos, democráticos e de independencia, xa que en 2002 Microsoft lles comunica que lles deixan de ofrecer soporte de Windows NT, é dicir, lles estaban obrigando a comprar as licencias das novas versións de Windows, e non cando o concello quixera ou puidera. Víronse atados.

O goberno local tamén estaba preocupado coas barreiras que a obsolescencia programada imposta por Microsoft sobre Munich, podía ter para a cidadanía. Preocupáballes que calquera que tivera que comunicarse co concello tivera que ter a edición máis avanzada de Microsoft Office (Word, Power Point, Excell, ...).

A partir de aquí, desde 2003 que se toma a decisión ata 2011 que se obteñen os primeiros resultados económicos “positivos”, faise un percorrido que non resulta fácil.

Falo de resultados económicos positivos a partir de 2011 xa que ao principio, como en todos os proxectos de migración hai un custe de certa envergadura: hai que investir en capital humano que se adique a adaptar os programas informáticos, instalar e ofrecer soporte e formación, ...

No caso de LiMux, así chamado o proxecto, créase un departamento encargado de migrar pouco a pouco os diferentes servizos (20 departamentos informáticos diferentes), comenzan por instalar nos ordenadores Firefox ou OpenOffice.org e logo, moi pouquiño a pouco, vanse migrando os distintos programas, xa que estaban en xogo servicios moi importantes.

En 2008 o 10% dos sistemas informáticos están usando GNU/Linux integramente, e hoxe en día 10.000 dos 15.000 equipos están usando unha interfaz completamente aberta, ademais, todos os ordenadores teñen instalados OpenOffice.org, Thunderbird e Firefox.

Ademais do aforro en licencias, en Munich consíguese tamén un beneficio para a economía local da zona. Microsoft non deixa de ser unha multinacional e os seus beneficios vense reflectidos sobre todo en EEUU. LiMux require de moito desenvolvemento e adaptación ás necesidades do concello, gran parte do investimento vai para empresas da zona, e non só iso, senón que estes profesionais poden ao mesmo tempo vender os seus coñecementos para proxectos similares.

Pois xa vedes que foi un proceso que durou case 10 anos, pero finalmente Munich vese liberada das ataduras do software privativo e non só iso, ademais dos beneficios económicos está outro ben importante: o sistema traballa de forma máis eficiente e os fallos diminúen, pasando de 70 a 46 reportados mensualmente.

Cando Ítaca vai a unha empresa e ofrecemos unha solución TIC libre, non hai só unha razón económica, aínda que empresarialmente moitos dos nosos clientes o vexan así. Tamén, hai outros que ven, que vedes o fondo. E o fondo non é outro que o noso traballo se vexa reflectido dunha forma libre, creando para compartir non para pecharse. LiMux pareceume un claro exemplo para que o que nós facemos, por suposto a unha escala incomparable, sexa facilmente entendible.

Venres, 11 Maio 2012 10:04

Manuel Rivas Boquete, S.L.

Rivas Boquete púxose en contacto connosco porque querían un programa a medida para a xestión de obras. Tras unha consultoría para ver as necesidades do cliente, e as características do programa, creamos ConstruGestión.

Ademais necesitaban un novo programa de facturación, polo que lles instalamos AbanQ pero só co módulo de facturación.

Tamén efectuouse a adecuación dos tratamentos de datos á normativa vixente en materia de Protección de Datos Persoais, con entrega de protocolos, cláusulas de confidencialidade e documento de seguridade.

Nos últimos tempos pedíronnos unha plataforma web onde, a través dun mapa poidan ter xeolocalizadas as obras que están a realizar.

Xoves, 10 Maio 2012 13:01

Proyecmática, S.L.

Proyecmática é unha empresa constituída no 2004. Xorde como unha experiencia empresarial de persoas que levaban unha longa traxctoria de deseño en laboratorios de I+D para empresas multinacionais do sector das “teleco”.

A súa actividade céntrase no deseño baixo demanda, desenvolvemento e xestión da producción de equipos electrónicos, engadindo a este proceso toda a cobertura técnica dun mantemento dos produtos entregados.

A finais de 2011 deciden ter presenza na rede e solicítannos un portal web que amose ao visitante, tanto a información corporativa de Proyecmática, como os servizos que ofrece a empresa.
Xoves, 10 Maio 2012 09:07

Promoción Solidaria

Promoción Solidaria é una asociación laical no ámbito da diocese de Burgos. A través dun plan de formación sistemático e diversas plataformas de acción, tratan de educarse na militancia e na responsabilidade para unha transformación do mundo.

Pedíronnos un portal web onde a Asociación se faga presente na sociedade, ben dando a coñecer os seus principios e os seus obxectivos, ben comunicando as súas actividades no seu campo de referencia. Con estas bases estamos a traballar na actualidade.

Xoves, 10 Maio 2012 08:28

Instituto Teolóxico Lucense

O Instituto Teolóxico Lucense quería adecuarse á normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Para implantar esta normativa continuamos o seguinte proceso:

  1. Toma de datos e elaboración da acta de verificación ocular.
  2. Informe de auditoría co listado de medidas correctoras.
  3. Proposta de protocolos, para deixar constancia, fundamentar e guiar as medidas aplicables ao tratamento da información do ITL.
  4. Elaboración do proxecto de implantación do documento de seguridade.
  5. Entrega de dito documento e seguemento das medidas de seguridade a implantar.

Os nosos traballos

Outras solucións

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.