asier

asier

O verán xa está aquí, tempo de disfrutar do bo tempo, da familia, de ir á praia e a montaña... as horas de sol nos enchen de optimismo e ledicia. E por iso este é o momento de prepararse para o inverno sacándolle proveito a este programa de axudas da Xunta de Galicia para autónomos e mutualistas.
Se para o teu negocio é positiva a posta en marcha dun software de xestión actual ou facer unha nova páxina web, mesmo se simplemente precisas axuda para sacarlle proveito ao que xa tes, ponte en contacto con nós e falaremos da oportunidade que supón esta subvención.
A data límite de solicitude remata o 4 de xullo aínda que hai máis tempo para facer o traballo solicitado.
Temos habilitado un correo electrónico específico para informar desta liña, Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo pero podes porte en contacto con nós polos canles habituales e te informaremos sen compromiso do que podes facer e o que non
Luns, 03 Abril 2017 09:55

Software de xestión: Facturascripts

 

Un ERP, ao funcionar como un sistema integrado, permite que toda a empresa, os seus sistemas e procesos poidan reunirse baixo un mesmo esquema para beneficiar a toda a organización.

 

 

Ao longo da última década acentuouse a necesidade que toda organización ten de mellorar a súa produtividade. A Calidade Total impúxose como un dos modelos de xestión máis rendibles.

Nesta aposta, dispoñer dun bo software de xestión integral é fundamental para evitar perdas de tempo e de información xa que unha única acción xera unha cadea de movementos no software que nos fan a vida máis fácil.

Nos últimos anos multiplicáronse as solucións libres en ERP's. Tanto desde a administración como desde diferentes empresas, apoiouse o desenvolvemento de plataformas 100% produtivas e con todas as vantaxes do Software Libre intactas.

 

Seguimos avanzando en soluciones ERP's, un novo paso, Facturascripts, un programa web, que permite levar a xestión de túa empresa, alá onde teñas conexión a internet.

 

Comezamos o ano 2017 cunha nova aposta para poder seguir dando a mellor das respostas aos nosos clientes.

Facturascripts é un software, orientado á xestión integral da empresa, desde o máis sinxelo, que é poder levar unha facturación básica, chegando a poder integrar a contabilidade, a xestión de clientes, unha tesourería en grao sumo completa, unha tenda online, e un longo etc, todo iso perfectamente adaptable ás necesidades de cada empresa.


Facturascripts, pódese adaptar tanto para a contabilidade e facturación dunha PEME, como para a xestión e administración de grandes empresas. Se lle sumamos que ao ser Software Libre podemos personalizalo, permítenos ofrecerlles aos nosos clientes un servizo o máis axustado posible ás súas necesidades.

Facturascripts, é un programa que se pode descargar libre e gratuitamente desde a súa páxina web. Ademais hai unha serie de plugins, tamén gratuítos, e logo outros, normalmente máis complexos de pago. Está abalado e apoiado por unha serie de programadores que o mantemos actualizado e que estamos dispostos para calquera servizo que podamos prestar, desde a instalación do mesmo, ao aloxamento, ou á personalización daquilo que fose necesario para que poida responder ás diferentes formas de traballo de cada cliente.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

 

Mañá venres, celebrarase na Cidade da Cultura a xornada ColaboraTIC.gal, organizada pola Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

 

Na sesión da maña, que está orientada á presentación de boas prácticas para a colaboración entre o software libre e o tecido empresarial, terán lugar varias mesas nas que poderemos ver casos de éxito de moitos tipos.

Así, para comezar teremos varios casos de éxito de implantación de software libre en diferentes empresas, relacionados co mundo das grandes distribuidoras, turismo e patrimonio e mesmo xestión aérea.

A continuación pasarase a un enfoque máis social, comezando pola cultura do cooperativismo e participación cidadá, donde o Software Libre ten un encaixe natural pola súa filosofía.

Despois da pausa para o café tocaralle aos modelos, empezando polos de financiamento, onde veremos exemplos de crowfunding en Galicia onde coñeceremos a plataforma goteo.org e veremos o exemplo de Eiro, un robot feito con hardware e software libre.

Xa para finalizar a maña, falarase de asociacionismo e software libre, con tres exemplos de comunidades aquí en Galicia, un entre empresas, outro relacionado sobre tecnoloxías de información xeográfica e outro arredor dun produto de software libre.

Para rematar o evento, na xornada de tarde terá lugar o innovador encontro de speed-dating entre empresas provedoras de tecnoloxía con software libre e demandantes da mesma, no que participarán todas as empresas seleccionadas entre as que enviaron as súas candidaturas.

Pódese consultar o programa máis en detalle na web do evento. Lembramos tamén que a asistencia á xornada é totalmente gratuíta, previa inscrición, ata completar aforo. A través da páxina do evento podes comprobar se aínda estás a tempo de asistir.

 

Fonte: https://www.mancomun.gal

O prazo para presentar a subvención remata o próximo 18 de febreiro.

A Xunta de Galicia ven de sacar unha subvención para a mellora de imaxe, modernización e establecemento de novas fórmulas de comercialización.
Ademais de subvencionar as melloras e acondicionamentos de locais, tamén hai axudas para a mellora a nivel tecnolóxico, no que Ítaca pode dar servizo.

Deixámosvos un resumo das actuacións nas que vos podemos dar servizo.

Para os comerciantes retallistas ou titulares de obradoiros artesanais:
  • Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do establecemento/ obradoiro e o deseño dos seus produtos.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 4.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

  • Novos sistemas de comercialización
  • Teñen que permitir por á disposición dos clientes recursos tecnolóxicos, así como a implantación e actualización de páxinas web ou aplicacións para dispositivos móbiles, dirixidos a mellorar a comercialización dos produtos e que conten con tenda online e pasarela de pagamento.

    Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

  • Páxinas web comerciais:
  • Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 1.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

  • Comercialización en Redes Sociais
  • Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda. Quedan excluídas neste punto as accións de publicidade.

    Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 8.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %. O beneficiario deste punto queda obrigado á inserción de 5 publicacións semanais

    Hai outras opcións tanto para federacións de comerciantes como para as asociacións profesionais de artesáns. Consúltanos o que precises.

Hai xa uns anos que Ítaca obtivo financiamento a través dunha das asociación de microcréditos más innovadora e presente en Galicia. Ais O Peto. varias das persoas socias de Ítaca xa eramos socias de O Peto pero aproveitamos tamén para asociarnos como cooperativa, de tal forma que o vindeiro día 30 de xaneiro estamos invitados á Asemblea anual, na que ademáis contaremos a nosa experiencia e colaboración en O Peto.

Alí nos vemos!

Mércores, 18 Novembro 2015 11:45

Xa estamos en AGASOL!

É un motivo de orgullo e satisfacción ;) anunciar a nosa recente incorporación como entidade socia a AGASOL.

Dunha maneira ou outra a relación entre Ítaca e AGASOL ten sido estreita durante os últimos anos. Con algunhas das empresas socias coincidimos noutros foros, así por exemplo con Intergal compartimos pertenza a REAS Galicia dende hai anos, e temos concurrido en varios eventos -tanto como asistentes como en calidade de relatores- a prol do Software Libre con varias entidades da asociación.

En Ítaca tivemos sempre moi presentes as actividades de AGASOL pero o certo é que ata hoxe non creímos que fose o noso momento para asociarnos.

Como sempre dende ítaca esperamos poder ofrecer todo o que poidamos tanto á propia asociación como a cada unha das entidades socias, aínda que somos conscientes de que igual non é moito,... e estamos seguras tamén de que esta relación nos axudará a mellorar, a ofrecer servizos de máis calidade ou mesmo a participar e colaborar en proxectos que se nos escapan cando estamos sos.

Pensando montar a miña empresiña no marco da Economía Social? Non te perdas estas xornadas de ideas e prácticas en funcionamento.

Centro Social dos Mallos, Avda. Arteixo 147, A Coruña. Entrada libre.

    Mércores 19 de novembro

  • 16:00h - Presentación das Xornadas.
  • 16:30h - A Feira: Iniciativa colectiva de Economía social na Coruña. 
  • 17:00h - O Comercio Xusto dentro da economía social (Alberto Abad, Oxfam Intermón).
  • 18:00h - Pausa.
  • 18.30h - Mesa Redonda. Diáspora e Economía Social: Unha mirada transnacional.

As federacións como modelo de apoio e traballo en rede para ás iniciativas de economía social. Diana Ximena Tutistar, Secretaria Técnica de FEDACOD en Valencia.

Iniciativas produtivas en países de destino: Empresas de Inserción socio-laboral “Cátering social Por ti Mujer” e  Proxectos de Emprendemento Produtivo. Lucy Polo Castillo Presidenta de FEDACOD en Valencia.

Experiencias produtivas de Codesenvolvemento en países de orixe: Senegal e Marruecos. Nabil Mesli: Responsable de Cooperación al Desarrollo y Codesarrollo da Fundación CEPAIM.

  • 17:45h - Pausa.
  • 18:15h - Pensando o meu futuro dentro da economía social. Tipos de empresas e lexislación que compete. Resolución de problemas legais. Gonzalo Gesto, avogado e membro da Cooperativa Panxea (Compostela).
  • 19:00h - La Re-Vuelta al campo. Gustavo Duch. Escritor.
  • Sábado, 18 Outubro 2014 22:41

    O Tendal


     

    O Tendal es un proyecto de intercooperación en el que participamos cinco cooperativas gallegas: O Cable Inglés, Cidadanía, Marketing Tangible, Xedega y nosotros.

    A lo largo del último año hemos trabajando juntos en el diseño de procesos de trabajo que nos permitan ofrecer servicios de alto valor añadido y, sobre todo, integrados a otras cooperativas, organizaciones y empresas. Cada cooperativa aporta su saber hacer en diseño y comunicación, estrategia de mercado y social, marketing, externalización y servicios web...y ahora lo podemos hacer de forma coordinada y orientada a la mejora de servicios para nuestros clientes.

    Desde el primer momento en Ítaca hemos tenido la sensación de que esta es una gran oportunidad para nuestros clientes, presentes y futuros, pero sobre todo lo ha sido para nosotros porque nos ha dado la oportunidad de trabajar con otra gente muy buena y aprender de sus métodos para implantarlos después en nuestra propia casa.

    Sábado, 18 Outubro 2014 17:34

    Borrón Dixital

    Borrón Dixital é unha copistería de A Coruña que ofrece os seus servizos tanto a empresas como a particulares.

    Contactaron con nós cando xa levaban uns meses abertos para que lle renovásemos o Software de Xestión. Instalámoslle Eneboo en dous equipos, dos que un serve de servidor. Contan cun sistema de Terminal Punto de Venta para facer as operacións de caixa. O sistema incluiu varias personalizacións do software, personalización de facturas e informes...

    Utilizando Eneboo e posto que é Software LIbre, agora Borrón Dixital é a propietaria de todos os desenvolvementos.

    Páxina 1 de 5

    Os nosos traballos

    Outras solucións

    website 1624028 640 1facturascritps

    Escríbenos !!!

    contacta

    Formulario de contacto

    Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

    Acepto cookies de este sitio.