Mércores, 11 Febreiro 2015 10:25

Día de internet seguro: recomendacións básicas

Hoxe, 10 de Febreiro de 2015, celébrase o Día de Internet Seguro. Dende Ítaca Software Libre sempre temos reinvindicado a relevancia de que tanto pais e nais, mozos e mozas, como centros educativos, se impliquen en atallar posibles riscos que están ao noso alcance, e que poden facer que se divulgan todo tipo de datos persoais sen o consentemento verdadeiro dos seus titulares.

 

Velaí uns breves consellos, centrados máis na prevención e no convencemento de que temos que ser conscientes de que temos un dereito fundamental á protección dos nosos datos de carácter persoal.

1) APRENDER

É recomendable que o acceso a Internet na casa se efectúe dende un único ordenador, situado nun lugar común da casa.

2) LÍMITES

Cómpre marcar tempos e horarios para uso de internet, adaptados ao estudo, lecer, etc., e se se pode incentivar a facer deporte, teatro ou alternativas ao ordenador e móbil, mellor.

3) VERDADEIROS PERIGOS

Non proporcionar datos relativos a horarios ou lugares para quedar, nin enderezos, nin números de contas.

Ser supervisados para compras por Internet, e nunca subir fotografías sen a autorización de todas as persoas que aparecen na imaxe.

Pedir acompañamento nas posibles quedadas con persoas non coñecidas fisicamente.

4) FORMACIÓN E ACCIÓN EN CASO DE RISCO

a) Os centros deben establecer entre os seus obxectivos docentes e incluír nos propios deseños curriculares unha formación integral sobre Internet, favorecendo un uso saudable deste.

Trátase de reflexionar co propio alumnado sobre situacións hipotéticas de risco para que perciban e valoren adecuadamente feitos similares que poidan vivir, tomando as decisións correctas para a súa protección

Nos currículos, no marco do fomento do uso das tecnoloxías dixitais como apoio ás tarefas formativas, hai que incluír a específica aprendizaxe de modos de navegación segura e o uso de ferramentas destinadas a iso. As materias de Informática, Tecnoloxía ou Educación para a Cidadanía poden usarse para iso.

b) O profesorado ten que actuar cando se detecte que un alumno se acha nalgunha situación de risco. Á marxe das medidas propias do centro educativo, debe comunicarllo aos seus pais e ás forzas e corpos de seguridade.

Neste sentido, existirá un protocolo de intervención que permita a detección do problema, a valoración do mesmo, aplicar unha serie de actuacións co alumnado afectado e a súa familia, avaliar os seus resultados e extraer conclusións que sirvan para a prevención

5) O MÁIS IMPORTANTE – SER ACOMPAÑADOS

Máis que programas de control sobre páxinas que poden ou non visitarse, ou sobre xogos que deben ou non participar, o principal é que os menores vivan a liberdade e a poidan asumir con responsabilidade, coa axuda dos pais e titores.

O acompañamento e, sobre todo, o diálogo franco, abre moitas posibilidades educativas que o descoñecemento ou a prohibición sen ningún tipo de diálogo.

Non van os fillos cos pais para mercar un billete de viaxe? Ou cando é a hora de matricularse? Pois unha compra por Internet, ou unha descarga de música ou de documentación, que pode facerse de forma legal, tamén se debe facer con presencia dos proxenitores.



Publicado en Blogue

O día de onte foi o Día internacional de protección de datos persoais, así que aproveitamos a ocasión para seguir fomentando o coñecemento deste dereito fundamental (si, recoñecido polo Tribunal Constitucional) que todos temos o dereito a disfrutar.

Facendo unha breve lembranza do último ano con datos estatísticos (2012), atopámonos con que aumentaron as denuncias presentadas ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), en concreto un 12%, e tamén se incrementaron os ficheiros inscritos no rexistro de dita entidade (máis dun 15%, é dicir, 3 millóns máis de ficheiros inscritos).

Pero máis aló disto, si que se están a observar feitos relevantes, como é o uso estendido en moitos portais webs do consentemento informado á hora do emprego nas cookies, así como a concentración das principais sancións, concretamente o 70% delas, nos tres operadores de telecomunicacións principais do noso país.

A loita a favor do dereito ao olvido, dereito intimamente ligado ao dereito fundamental á protección de datos de carácter persoal, tivo un concurso relevante entre as axencias de protección de datos de varios países da Unión Europea (Alemania, Francia, Holanda, Italia e Reino Unido), que levou a que o 18 de decembro pasado a AEPD dictase unha Resolución condenando a Google por 3 infraccións graves da LOPD, debido á incompatibilidade da súa política de privacidade e as condicións de uso dos seus servizos, en relación coa normativa española.

Charla_Vilalba_19-1-14

Seguimos insistindo na necesidade dunha formación sistemática neste eido, e máis aos operadores informáticos, para que sexan sensibles ás autorizacións precisas que deben dar os internautas para o uso dos seus datos persoais. Nesta liña, o noso experto Alfredo Losada mantivo o pasado 17 de xaneiro dúas sesións formativas no IES Lois Peña Novo, de Vilalba, incidindo nestes temas ás persoas matriculadas no Ciclo Superior de Informática dese centro educativo.

Publicado en Blogue
Luns, 16 Decembro 2013 11:18

Catrineta, Conserveria de Compostela.

Catrineta Conserveira de Compostela é un novo proxecto posto en marcha por Cristina, Roberto  e Oscar, baseado na comercialización de conservas galegas de calidade.

Contaron con nós para a instalación do programa de xestión Eneboo ERP e, polo tanto, dende os inicios están traballando con el.

Ademáis da instalación dos módulos oficiais fixemos varias adaptacións para asegurarnos de que Eneboo facía exactamente o que Catrineta necesitaba. Axustamos o método de cálculo do PVP a partir dos precios de custe e das ofertas, melloramos o proceso de xestión da trazabilidade dos produtos...

Agora Catrineta, Conserverira de Compostela é unha nova empresa empregando Software Libre na súa xestión diaria!

Publicado en Os nosos Traballos
Martes, 19 Xuño 2012 13:28

Cloud computing e protección de datos

Onte á tarde foi presentado o Informe “Utilización do cloud computing polos despachos de avogados e protección de datos de carácter persoal”, elaborado pola Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e o Consello Xeral da Avogacía Española (CXAE).

Se o uso de todo tipo de recursos compartidos (redes, servidores, almacenamento, aplicacións, servizos) aloxados nalgures en Internet (na nube) na actualidade se está estendendo a todos os niveis, os bufetes non son alleos a este modelo Cloud Computing, que permite tanto aplicacións de xestión do despacho, contabilidade ou bases de datos legais ou xurisprudenciais, como compartir documentación e información de clientes ou con otros avogados. Todo iso, lembremos, cunha reducción significativa de investimentos en infraestructuras informáticas.

Non nos centraremos moito nas bondades do traballo na nube, senón en tres aspectos relevantes a ter en conta polos avogados (tamén válidos, diso non hai dúbida, para outros profesionais e todo tipo de entidades): en primeiro lugar, a responsabilidade e a normativa aplicable, xa que a posición de quen trata os datos é a de ser Responsable de tratamento e, segundo o Art. 20.2 do Regulamento da LOPD, debe velar para que o provedor de servizos cumpra a normativa española de protección de datos.

De ubicarse os datos nun país fóra do Espazo económico europeo, habería que conseguir autorización por parte da AEPD e, en caso de estar ante provedores dos EEUU, terán que adherirse a un acordo de “porto seguro”, obrigados a manter os requisitos legais en materia de protección de datos.

En segundo lugar, a seguridade/confidencialide dos datos: o provedor debe garantir tanto a conservación e cifrado dos datos, como a recuperación destes empregando copias de seguridade periódicas.

Por último, o contrato de servizos a asinar co provedor, establecido no Artigo 12.2 da LOPD, onde teñen que recollerse as seguintes obrigas por parte do provedor: non pode dispor dos datos fóra do expresamente autorizado; debe asumir o rol de Encargado de tratamento de datos; só poderán acceder as persoas autorizadas polo despacho; debe garantirse a portabilidade e dispoñibilidade; e cumprir de xeito dilixente as garantías para a protección de datos persoais, para que o cliente (bufete) non asuma a súa responsabilidade.

A aposta polos servizos de computación na nube é imparable, e semella crucial no aumento da productividade e ganancia de tempos no día a día dos despachos de avogados. Agora ben, se temos gardados con chave todo tipo de datos, non podemos dimitir da responsabilidade de asumir onde se atopan os datos almacenados na nube.

Non é fachenda, pero certamente somos conscientes de que os servizos que dende Ítaca Software Libre ofertamos aos nosos clientes, cumplen estritamente a normativa española en materia de protección de datos persoais, e os despachos poden estar seguros de que poden confiar nos nosos provedores, que ubican toda a información en servidores ubicados en territorio español.

Publicado en Blogue
Xoves, 10 Maio 2012 13:01

Proyecmática, S.L.

Proyecmática é unha empresa constituída no 2004. Xorde como unha experiencia empresarial de persoas que levaban unha longa traxctoria de deseño en laboratorios de I+D para empresas multinacionais do sector das “teleco”.

A súa actividade céntrase no deseño baixo demanda, desenvolvemento e xestión da producción de equipos electrónicos, engadindo a este proceso toda a cobertura técnica dun mantemento dos produtos entregados.

A finais de 2011 deciden ter presenza na rede e solicítannos un portal web que amose ao visitante, tanto a información corporativa de Proyecmática, como os servizos que ofrece a empresa.
Publicado en Os nosos Traballos
Xoves, 10 Maio 2012 08:28

Instituto Teolóxico Lucense

O Instituto Teolóxico Lucense quería adecuarse á normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Para implantar esta normativa continuamos o seguinte proceso:

  1. Toma de datos e elaboración da acta de verificación ocular.
  2. Informe de auditoría co listado de medidas correctoras.
  3. Proposta de protocolos, para deixar constancia, fundamentar e guiar as medidas aplicables ao tratamento da información do ITL.
  4. Elaboración do proxecto de implantación do documento de seguridade.
  5. Entrega de dito documento e seguemento das medidas de seguridade a implantar.

Publicado en Os nosos Traballos
Mércores, 02 Maio 2012 14:09

Erfinco, S.L.

Erfinco quería cumprir axeitadamente a normativa de Protección de Datos, así que despois de facer unha auditoría, efectuouse esta adecuación dos tratamentos de datos á normativa vixente en materia de protección de datos persoais, con entrega de protocolos, cláusulas de confidencialidade e documento de seguridade.

Asemade, impartiuse formación presencial para os traballadores da empresa Erfinco que teñen acceso a datos de carácter persoal.

Publicado en Os nosos Traballos
Martes, 17 Xaneiro 2012 15:28

Apa Ramón de la Sagra

A Apa Ramón de la Sagra (Apa Rasa), do CEIP Ramón de La Sagra no concello da Coruña, contratou os nosos servizos en materia de protección de datos aproveitando as vantaxes do acordo marco alcanzado coa FEDERACIÓN PROVINCIAL DE APAS DE CENTROS PÚBLICOS DA CORUÑA.

A nosa laboura consistíu na avaliación da situación actual e o estado no relativo á captación e protección dos datos de carácter persoal. Unha vez analizada a posición, determináronse os ficheiros que terían que ser dados de alta na Axencia Española de Protección de Datos, inscribíronse, recomendáronse unhas medidas de protección mínimas para o tipo de datos recabados e xerouse o documento de seguridade.

Por último, ofreceuse una charla formativa aos membros da directiva, dado o carácter voluntario dos seus integrantes e os datos persoais que adoitan a tratar.

Agora os membros da Apa Rasa xa poden estar seguros de que cumpren coa normativa en materia de protección de datos e evitar así o risco de sancións.

Publicado en Os nosos Traballos
Sábado, 14 Xaneiro 2012 10:03

Seminario de Lugo

O Seminario de Lugo, que ofrece formación aos futuros cregos, pero tamén en ESO e Bacharelato en calidade de centro concertado, púxose en contacto connosco en relación con varios asuntos:

Por unha parte, querían mellorar a súa rede interna. Neste senso propuxémoslles implementar un servidor que lles permitira monitorizar o estado da rede e os equipos, compartir documentos con facilidade creando dominos de acceso e xestionar o acceso a Internet optimizando segundo o momento o ancho de banda de forma intelixente de acordo ás necesidades puntuais. Eliximos un equipo provisto do sistema operativo Zentyal.

Tamén era necesario para eles axeitar a xestión dos seus datos ás esixencias da Lei Orgánica de Protección de Datos, así que tamén demos de alta varios ficheiros na AEPD, prestámoslles formación nas medidas a adoptar e lles fixemos entrega do documento de seguridade.

Publicado en Os nosos Traballos
Sábado, 14 Xaneiro 2012 09:31

Zocamiñoca, S. Coop. Galega

Zocamiñoca, S. Coop. Galega é unha cooperativa de consumidores con sé na Coruña.

Polo ano 2010 un grupo de persoas decidíu que era o intre de crear unha estrutura que lles permitira mercar produtos do día a día con criterios sostibles e, sobre todo, fomentar un consumo consciente e responsable.

Zocamiñoca, S. Coop. Galega adquire bens a produtores da zona e produtos de comercio xusto elaborados con criterios éticos.

Ítaca Software Libre axudoulles a implantar a normativa en materia de Protección de Datos, incorporando avisos legais, documentando a información nun documento de seguridade, e axustando as medidas de seguridade a adoptar.

Ademais tamén fixo desenvolvementos no programa de xestión Eneboo, de forma que facilitouse o seu uso

Publicado en Os nosos Traballos
Páxina 1 de 2

Os nosos traballos

Outras solucións

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.