Venres, 17 Xuño 2016 08:48

PREMIOS Á COOPERACIÓN 2016

Hoxe en Ítaca estamos de noraboa, o Consello Galego de Cooperativas acaba de outorgarnos o premio á promoción do cooperativismo. É unha alegría recibir unha distinción deste tipo porque supón un recoñecemento ao esforzo e traballo levado a cabo no eido cooperativo, e podemos dicir que no eido da economía social. Tamén é un pulo para seguir adiante, e para afondar máis ,se cabe, no que cremos profundamente que debe ser a ecomía: un servizo á persoa.


Aledámonos de compartir o recoñecemento con cooperativas compañeiras e dous centros educativos, C.I.F.P. Someso e I.E.S. Politécnico de Vigo, que cren nun modelo de emprendemento diferente, social e cooperativo. Tanto Cidadanía, rede de aplicacións sociais, Sociedade Cooperativa Galega como 7H, Sociedade Cooperativa Galega son bos exemplos a seguir.


Deixámosvos o enlace á web dos premios na que poderedes coñecer o programa completo do acto de entrega e solicitar a inscrición para asistir, así como o resto de premiados en tódalas categorías.


Grazas por este recoñecemento e seguimos a traballar!!!

Publicado en Blogue

Os nosos traballos

Outras solucións

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.