Mércores, 11 Febreiro 2015 10:25

Día de internet seguro: recomendacións básicas

Hoxe, 10 de Febreiro de 2015, celébrase o Día de Internet Seguro. Dende Ítaca Software Libre sempre temos reinvindicado a relevancia de que tanto pais e nais, mozos e mozas, como centros educativos, se impliquen en atallar posibles riscos que están ao noso alcance, e que poden facer que se divulgan todo tipo de datos persoais sen o consentemento verdadeiro dos seus titulares.

 

Velaí uns breves consellos, centrados máis na prevención e no convencemento de que temos que ser conscientes de que temos un dereito fundamental á protección dos nosos datos de carácter persoal.

1) APRENDER

É recomendable que o acceso a Internet na casa se efectúe dende un único ordenador, situado nun lugar común da casa.

2) LÍMITES

Cómpre marcar tempos e horarios para uso de internet, adaptados ao estudo, lecer, etc., e se se pode incentivar a facer deporte, teatro ou alternativas ao ordenador e móbil, mellor.

3) VERDADEIROS PERIGOS

Non proporcionar datos relativos a horarios ou lugares para quedar, nin enderezos, nin números de contas.

Ser supervisados para compras por Internet, e nunca subir fotografías sen a autorización de todas as persoas que aparecen na imaxe.

Pedir acompañamento nas posibles quedadas con persoas non coñecidas fisicamente.

4) FORMACIÓN E ACCIÓN EN CASO DE RISCO

a) Os centros deben establecer entre os seus obxectivos docentes e incluír nos propios deseños curriculares unha formación integral sobre Internet, favorecendo un uso saudable deste.

Trátase de reflexionar co propio alumnado sobre situacións hipotéticas de risco para que perciban e valoren adecuadamente feitos similares que poidan vivir, tomando as decisións correctas para a súa protección

Nos currículos, no marco do fomento do uso das tecnoloxías dixitais como apoio ás tarefas formativas, hai que incluír a específica aprendizaxe de modos de navegación segura e o uso de ferramentas destinadas a iso. As materias de Informática, Tecnoloxía ou Educación para a Cidadanía poden usarse para iso.

b) O profesorado ten que actuar cando se detecte que un alumno se acha nalgunha situación de risco. Á marxe das medidas propias do centro educativo, debe comunicarllo aos seus pais e ás forzas e corpos de seguridade.

Neste sentido, existirá un protocolo de intervención que permita a detección do problema, a valoración do mesmo, aplicar unha serie de actuacións co alumnado afectado e a súa familia, avaliar os seus resultados e extraer conclusións que sirvan para a prevención

5) O MÁIS IMPORTANTE – SER ACOMPAÑADOS

Máis que programas de control sobre páxinas que poden ou non visitarse, ou sobre xogos que deben ou non participar, o principal é que os menores vivan a liberdade e a poidan asumir con responsabilidade, coa axuda dos pais e titores.

O acompañamento e, sobre todo, o diálogo franco, abre moitas posibilidades educativas que o descoñecemento ou a prohibición sen ningún tipo de diálogo.

Non van os fillos cos pais para mercar un billete de viaxe? Ou cando é a hora de matricularse? Pois unha compra por Internet, ou unha descarga de música ou de documentación, que pode facerse de forma legal, tamén se debe facer con presencia dos proxenitores.



Publicado en Blogue
Xoves, 12 Xaneiro 2012 13:07

E-commerce

Estás a pensar en pór en marcha a súa propia tenda virtual pero non sabes que opcións lle ofrece a tecnoloxía web?

 

Cada proxecto de Tenda Online ten as súas propias particularidades e por iso gústanos tratalos de forma individualizada. Realmente o Software Libre ofrece respostas para case todas as preguntas que como promotor dunha tenda tes que facerte:

 

  • É o medio online o único no que estarás presente ou terás tamén tenda física?
  • Tes xa un portal web con tráfico importante?
  • Que solucións tes para a loxística (almacenamento, envíos...)?
  • Tes pensado na forma de pago que queres implementar?
Estas e outras moitas cuestións e respostas conformarán a mellor solución ao que precisas.

Se o mellor para ti é ter toda a tienda, física e online, integrada nun único Softwware, apostaremos por implementar StoreQ, que é o módulo de Abanq ERP para comercio online.

Con esta ferramenta poderás xestionar integralmente a túa tenda: dende a presentación na web ata o almacén, pasando por facturación e contabilidade.

Ter todo integrado supón grandes vantaxes: a curva de aprendizaxe diminúe xa que só tes que manexar un programa, por suposto, aforro en tempo de xestión, os erros minimízanse...

Se dubida, esta é unha grande opción para un proxecto que dá os seus primeiros pasos.

 

Tamén podemos crear unha tenda independente con Virtuemart, que é o módulo do xestor de contidos Joomla, para comercio electrónico.

Esta opción ofrécenos centos de posibilidades: deseños clásicos e rompedores, integración con practicamente todas as pasarelas de pago, centos de combinacións e configuración, desenvolvemento constante de novos plugings...

O deseño destas tendas é similar ao que realizamos con Portais Web e o resultado pode ser certamente espectacular.

Esta é unha grande opción cando xa tes unha tenda física en marcha e non é rendible trocar todo o software que estás a manexar: abaratas custos porque non se realizan cambios nos sistemas máis estratéxicos do teu negocio e podemos pór todo o esforzo no deseño e a usabilidade.

Con esta opción aprovéitase todo o potencial que o Software Libre ofrece para realizar adaptacións a medida cunhas condicións moi boas.

 

Por favor, se tes algo en mente ou precisas calquera axuda, no dubides en preguntarnos. Faremos o posible por resolver o que necesites.
Publicado en ContidoWeb

Os nosos traballos

Outras solucións

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.