Mércores, 18 Novembro 2015 11:45

Xa estamos en AGASOL!

É un motivo de orgullo e satisfacción ;) anunciar a nosa recente incorporación como entidade socia a AGASOL.

Dunha maneira ou outra a relación entre Ítaca e AGASOL ten sido estreita durante os últimos anos. Con algunhas das empresas socias coincidimos noutros foros, así por exemplo con Intergal compartimos pertenza a REAS Galicia dende hai anos, e temos concurrido en varios eventos -tanto como asistentes como en calidade de relatores- a prol do Software Libre con varias entidades da asociación.

En Ítaca tivemos sempre moi presentes as actividades de AGASOL pero o certo é que ata hoxe non creímos que fose o noso momento para asociarnos.

Como sempre dende ítaca esperamos poder ofrecer todo o que poidamos tanto á propia asociación como a cada unha das entidades socias, aínda que somos conscientes de que igual non é moito,... e estamos seguras tamén de que esta relación nos axudará a mellorar, a ofrecer servizos de máis calidade ou mesmo a participar e colaborar en proxectos que se nos escapan cando estamos sos.

Publicado en Blogue
Mércores, 26 Setembro 2012 10:04

En que aforramos co Software Libre?

Que un programa informático, ou calquera software, sexa considerado como libre depende da licenza co que o autor o protexe. Non ten que ver nin coa súa calidade nin, efectivamente, co seu prezo: existe software libre de balde, barato, caro e máis caro aínda.

O que si é ineludible, entre outras cousas, é que ten que poder ser distribuído libremente e polo tanto o prezo do software libre co tempo acabará tendendo a cero na medida en que sexa amplamente compartido, porque cobrar por algo que está estendido de forma gratuíta non é viable.

Imos empezar cunha perogrullada: para aforrar co software libre o primeiro que temos que facer é instalalo e utilizalo. A partir de aquí haberá moitas vantaxes de carácter económico e moitas tamén de tipo legal ao evitar o uso de copias fraudulentas.

É posible que a maior parte do Software que utilizamos nas empresas, organizacións... e nas nosas casas teña un equivalente libre e posiblemente gratuíto: o paquete ofimático é o máis representativo na nosa opinión:

  • Libre Office cubrirá, na maioría dos casos, as necesidades ofimáticas e incluso será subutilizado en gran medida. Incĺúe procesador de textos, folla de cálculo, creador de diapositivas, base de datos,... Custo: 0 euros.
  • Existe un antivirus libre, ClamWin, que pode aforrarnos un pico en licenzas. De todas formas, quen isto escribe non o ten probado porque utiliza GNU/Linux sen antivirus instalado. Custo: 0 euros.
  • Xestor de Correo: utilizar Thunderbird como xestor de correo supón un alto grado de satisfacción pola súa calidade e supón exactamente un custo de 0 euros. A cambio podemos xestionar varias contas de correo, contactos, axenda,... e disporemos de ducias, tal vez centos, de extensións que elevan as posibilidades e funcións ata onde se precise.
  • Se queremos xogar coas nosas imaxes, melloralas, corrixilas, retocalas, editalas, … existe moito Software Libre de calidade pero vou recomendar o uso de GIMP (por certo aínda mellorado significativamente na súa última versión). Este programa, que equivale a Adobe Photoshop, ten un custo de 0 euros.
  • Para gravar os CD e/ou DVD's con datos, música, vídeo, imaxes ISO... podemos aproveitar e instalar Brasero, que cumprirá de sobra o seu cometido e teremos un software perfectamente legal por outros 0 euros.
  • En canto ao software máis específico, como un editor de vídeo, coñezo dúas opcións: unha máis completa, Cinelerra, e outra máis sinxela, Avidemux. Podemos probar as dúas e elixir entre a que nos sirva mellor, porque as dúas teñen o mesmo prezo: 0 euros.

  • Podemos seguir atopando alternativas e todas suporán un gran aforro sen ver reducida a funcionalidade ou incluso mellorándoa nalgúns casos, sen embargo quédame por indicar un capítulo que para min é bastante relevante:
  • O Hardware: cada nova versión do sistema operativo Windows provoca que os nosos equipos, de repente, se vexan obsoletos fronte a unha actualización, así podemos explicar as reticencias a deixar atrás o XP xa que o cambio supón unha nova licenza Windows pero tamén, posiblemente, un novo ordenador. Para estar á última en informática o Software Libre tamén demanda hardware potente pero non só hardware potente: podemos facer instalacións sobre equipos máis antigos e incluso hai Sistemas Operativos, como Minino, que poden significar unha segunda xuventude para un vello ordenador e poderemos utilizalo novamente, e con calidade, para navegar, procesar texto, gravar CD, escoitar música,... Estamos falando de equipos dende 386, que moitos de nós nin lembramos.

Por certo, Minino custa 0 euros.

Publicado en Blogue
Martes, 21 Agosto 2012 11:57

O Software Libre nos entornos domésticos

Realmente o obxetivo de Ítaca Software Libre non reside tando na promoción do FLOSS, Free Libre Open Source Software, no entorno  doméstico ou persoal,  como na difusión e aproveitamento de ferramentas informáticas libres entre as empresas, e cada vez en maior medida, entre outro tipo de organizacións como ONG'D, asociacións, sindicatos...Sen embargo gústanos incidir tamén nas importantes vantaxes que atoparemos no noso fogar se nos decidimos a instalar Software Libre no noso equipo.

Cando mercamos o noso ordeador persoal, deberíamos ter a posibilidade de solicitarlle ao vendedor a provisión do equipo sen Sistema Operativo, S.O., e ter a liberdade de poder elexir calquera das opcións que nos ofrece o mercado, que son varias, e non só aquela que determina o fabricante por mor de acordos macro entre corporacións multinacionais, para as que somos únicamente obxectos compradores. Lamentablemente é moi posible que non atopemos a ninguén que nos ofreza esta posibilidade, pero é bo intentalo e solicitalo porque só así faremos posible que algún día esta posibilidade sexa real.

Unha vez dispoñamos do noso equipo sen sistema operativo podemos, se así o desexamos, pensar en mercar unha licencia de Windows pero sobre todo, poderemos estar mais animados a probar algunha das múltiples alternativas que nos ofrecen os sistemas GNU/Linux:

A primeira gran novidade, se apostamos por esta segunda opción é que teremos moitas alternativas que serán de balde. Podemos instalar un S.O. libre desenvolto por empresas ou entidades privadas como Canonical, que é a principal desenvolvedora de Ubuntu (un S.O. que ten alcanzado unha alta tasa de difusión posiblemente pola súa facilidade de instalación e uso), ou por entidades públicas como a Xunta de Galicia, que comezou fai uns anos o proxecto Galinux e que está desactualizado hoxe en día pero que supuxo unha forte aposta polo software libre galego.

Como estas alternativas son de fácil acceso invito a todo o mundo a investigalas e coñecelas. Unha sinxela búsqueda pola rede daranos centos de opcións cada cal máis axeitada para as nosas necesidades xa que existen versións, ou distribucións, de S.O. adaptadas para entornos profesionais, escolares, infantís, para persoas con discapacidade...Prefiro non limitarme a enumerar as súas vantaxes e deixar en mans dos usuarios a opción de explorar. Penso que para pagar sempre hai tempo. E recordo que descargar, instalar, copiar, redistribuir... este tipo de software é completamente legal!

Pero...¿que ocorre se no meu ordeador xa teño Windows? Esto non supón ningún problema porque os S.O. Libres permiten o arranque dual e elexir entre varios S.O. ao inicio do sistema. Únicamente temos que ter a precaución de instalar cada S.O. nunha partición e no caso de que un deles sexa M. Windows asegurarnos de que este é o primeiro que instalamos.

¿Podo probalo antes de instalar? Para facilitar máis as cousas, os S.O. libres soen ofrecer a opción de executalos en sesións Live ou vivas, de tal forma que arrancando o equipo dende o lector de CD/DVD, no que teremos unha copia do S.O., poderemos probar os seus principais elementos e elexir antes de instalar unha distribución de forma definitiva. Todos os cambios no noso equipo serán reversible cun reinicio.

Por último so me falta darvos o derradeiro empuxón e invitarvos a participar dunha nova forma de disfrutar dos vosos equipos domésticos en liberdade e con consciencia e póñome a disposición de axudar a quen precise dos meus, moi modestos, coñecementos.

Publicado en Blogue
Xoves, 10 Maio 2012 09:07

Promoción Solidaria

Promoción Solidaria é una asociación laical no ámbito da diocese de Burgos. A través dun plan de formación sistemático e diversas plataformas de acción, tratan de educarse na militancia e na responsabilidade para unha transformación do mundo.

Pedíronnos un portal web onde a Asociación se faga presente na sociedade, ben dando a coñecer os seus principios e os seus obxectivos, ben comunicando as súas actividades no seu campo de referencia. Con estas bases estamos a traballar na actualidade.

Publicado en Os nosos Traballos
Luns, 07 Maio 2012 14:40

Asociación Cultural Bande

A Asociación Cultural Bande dirixiuse a nós porque quería ter unha presencia proactiva na web, sobre todo para difundir as distintas actividades culturais que levan a cabo, especialmente dirixidas a mulleres.

Partindo do dinamismo da súa actividade, plantexouse o deseño dun portal web moi visual e agradable á vista, cun xestor de imaxes potente, e actualizable de forma doada.

Publicado en Os nosos Traballos
Mércores, 02 Maio 2012 13:55

Ecos do Sur

Ecos do Sur é unha ONGD radicada na Coruña. A súa misión consiste en facilitar a integración social e laboral dos inmigrantes e cooperar para o desenvolvemento dos países máis desfavorecidos.

 

Querían mellorar a súa rede interna, o seu servidor e unha solución de traballo colaborativo que centralizase non só a documentacion, senón tamén que servise como axenda e calendario común, repositorio documental, etc.

 

Para a parte de Sistemas propuxémoslles implementar un servidor compatible con equipos cliente windows que lles permitira monitorizar o estado da rede e os equipos, compartir documentos de forma doada creando políticas de acceso, xestionar o acceso a Internet optimizando segundo o momento o ancho de banda de xeito intelixente de acordo ás necesidades puntuais. Eliximos un equipo provisto do sistema operativo Zentyal.

 

Como ferramenta colaborativa, implementamos Fengoffice cun pequeno desenvolvemento concreto sobre o mesmo, para adaptalo ás súas necesidades.

Publicado en Os nosos Traballos
Sábado, 14 Xaneiro 2012 10:54

taquímetro

TAQUIMETRO v.2 é unha aplicación baixo plataforma web a medida en código aberto, para o seguemento e xestión de reparacións efectuadas en talleres mecánicos ou semellantes.

Na súa primeira versión, a aplicación Taquímetro contemplaba as seguintes funcionalidades:

  • Módulo Xestión de Clientes (miniCRM): este módulo é un sinxelo CRM para a xestión dos clientes do taller.
  • Módulo Xestor de Vehículos: realiza as funcións de xestión da información dos distintos vehículos do taller.
  • Módulo Xestor de Reparacións e incidencias: seguemento das reparacións efectuadas e toda a información referente ás mesmas.
  • Fichas de Seguemento das reparacións efectuadas e toda a información referente a esta.

Na versión v2.0 a aplicación Taquímetro contempla adicionalmente:

  • Módulo Xestión Empregados: como o seu nome indica permite o traballo organizado coa información dos traballadores da empresa:
    1. Engadir empregado
    2. Editar datos empregado
    3. Eliminar empregado
    4. Consultar datos
    5. Asignar reparacións a empregado
  • Módulo Reloxio de fichado: control de fichado dos empregados da empresa:
    1. Fichado de entrada
    2. Fichado na saída
  • Módulo de autenticación de usuarios: engade a posibilidade de distintos usuarios da aplicación cun nome e contrasinal para o acceso.
  • Módulo de facturación: permite as operacións básicas de facturación:
    1. Asignación de custos ás reparacións
    2. Posibilidade de listados dos mesmos
  • Módulo de informes: contempla un listado de informes de utilidade para avaliar distintas variables no negocio.
  • Integración cun teclado virtual: Realizouse a integración dun teclado en pantalla para o soporte con pantallas táctiles e o seu manexo sen necesidade dun teclado físico.
Publicado en ContidoWeb

Os nosos traballos

Outras solucións

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.