Hoxe en Ítaca estamos de noraboa, o Consello Galego de Cooperativas acaba de outorgarnos o premio á promoción do cooperativismo. É unha alegría recibir unha distinción deste tipo porque supón un recoñecemento ao esforzo e traballo levado a cabo no eido cooperativo, e podemos dicir que no eido da economía social. Tamén é un pulo para seguir adiante, e para afondar máis ,se cabe, no que cremos profundamente que debe ser a ecomía: un servizo á persoa. Aledámonos de compartir o recoñecemento con cooperativas compañeiras e dous centros educativos, C.I.F.P. Someso e I.E.S. Politécnico de Vigo, que cren nun modelo de emprendemento diferente, social e cooperativo. Tanto Cidadanía, rede de aplicacións sociais, Sociedade Cooperativa Galega como 7H, Sociedade Cooperativa Galega son…