fredi

fredi

Miércoles, 11 de Febrero de 2015 10:25

Día de internet seguro: recomendacións básicas

Hoxe, 10 de Febreiro de 2015, celébrase o Día de Internet Seguro. Dende Ítaca Software Libre sempre temos reinvindicado a relevancia de que tanto pais e nais, mozos e mozas, como centros educativos, se impliquen en atallar posibles riscos que están ao noso alcance, e que poden facer que se divulgan todo tipo de datos persoais sen o consentemento verdadeiro dos seus titulares.

 

Velaí uns breves consellos, centrados máis na prevención e no convencemento de que temos que ser conscientes de que temos un dereito fundamental á protección dos nosos datos de carácter persoal.

1) APRENDER

É recomendable que o acceso a Internet na casa se efectúe dende un único ordenador, situado nun lugar común da casa.

2) LÍMITES

Cómpre marcar tempos e horarios para uso de internet, adaptados ao estudo, lecer, etc., e se se pode incentivar a facer deporte, teatro ou alternativas ao ordenador e móbil, mellor.

3) VERDADEIROS PERIGOS

Non proporcionar datos relativos a horarios ou lugares para quedar, nin enderezos, nin números de contas.

Ser supervisados para compras por Internet, e nunca subir fotografías sen a autorización de todas as persoas que aparecen na imaxe.

Pedir acompañamento nas posibles quedadas con persoas non coñecidas fisicamente.

4) FORMACIÓN E ACCIÓN EN CASO DE RISCO

a) Os centros deben establecer entre os seus obxectivos docentes e incluír nos propios deseños curriculares unha formación integral sobre Internet, favorecendo un uso saudable deste.

Trátase de reflexionar co propio alumnado sobre situacións hipotéticas de risco para que perciban e valoren adecuadamente feitos similares que poidan vivir, tomando as decisións correctas para a súa protección

Nos currículos, no marco do fomento do uso das tecnoloxías dixitais como apoio ás tarefas formativas, hai que incluír a específica aprendizaxe de modos de navegación segura e o uso de ferramentas destinadas a iso. As materias de Informática, Tecnoloxía ou Educación para a Cidadanía poden usarse para iso.

b) O profesorado ten que actuar cando se detecte que un alumno se acha nalgunha situación de risco. Á marxe das medidas propias do centro educativo, debe comunicarllo aos seus pais e ás forzas e corpos de seguridade.

Neste sentido, existirá un protocolo de intervención que permita a detección do problema, a valoración do mesmo, aplicar unha serie de actuacións co alumnado afectado e a súa familia, avaliar os seus resultados e extraer conclusións que sirvan para a prevención

5) O MÁIS IMPORTANTE – SER ACOMPAÑADOS

Máis que programas de control sobre páxinas que poden ou non visitarse, ou sobre xogos que deben ou non participar, o principal é que os menores vivan a liberdade e a poidan asumir con responsabilidade, coa axuda dos pais e titores.

O acompañamento e, sobre todo, o diálogo franco, abre moitas posibilidades educativas que o descoñecemento ou a prohibición sen ningún tipo de diálogo.

Non van os fillos cos pais para mercar un billete de viaxe? Ou cando é a hora de matricularse? Pois unha compra por Internet, ou unha descarga de música ou de documentación, que pode facerse de forma legal, tamén se debe facer con presencia dos proxenitores.



Miércoles, 29 de Enero de 2014 16:00

Día internacional de protección de datos personales

O día de onte foi o Día internacional de protección de datos persoais, así que aproveitamos a ocasión para seguir fomentando o coñecemento deste dereito fundamental (si, recoñecido polo Tribunal Constitucional) que todos temos o dereito a disfrutar.

Facendo unha breve lembranza do último ano con datos estatísticos (2012), atopámonos con que aumentaron as denuncias presentadas ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), en concreto un 12%, e tamén se incrementaron os ficheiros inscritos no rexistro de dita entidade (máis dun 15%, é dicir, 3 millóns máis de ficheiros inscritos).

Pero máis aló disto, si que se están a observar feitos relevantes, como é o uso estendido en moitos portais webs do consentemento informado á hora do emprego nas cookies, así como a concentración das principais sancións, concretamente o 70% delas, nos tres operadores de telecomunicacións principais do noso país.

A loita a favor do dereito ao olvido, dereito intimamente ligado ao dereito fundamental á protección de datos de carácter persoal, tivo un concurso relevante entre as axencias de protección de datos de varios países da Unión Europea (Alemania, Francia, Holanda, Italia e Reino Unido), que levou a que o 18 de decembro pasado a AEPD dictase unha Resolución condenando a Google por 3 infraccións graves da LOPD, debido á incompatibilidade da súa política de privacidade e as condicións de uso dos seus servizos, en relación coa normativa española.

Charla_Vilalba_19-1-14

Seguimos insistindo na necesidade dunha formación sistemática neste eido, e máis aos operadores informáticos, para que sexan sensibles ás autorizacións precisas que deben dar os internautas para o uso dos seus datos persoais. Nesta liña, o noso experto Alfredo Losada mantivo o pasado 17 de xaneiro dúas sesións formativas no IES Lois Peña Novo, de Vilalba, incidindo nestes temas ás persoas matriculadas no Ciclo Superior de Informática dese centro educativo.

Martes, 19 de Junio de 2012 13:28

Cloud computing e protección de datos

Onte á tarde foi presentado o Informe “Utilización do cloud computing polos despachos de avogados e protección de datos de carácter persoal”, elaborado pola Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e o Consello Xeral da Avogacía Española (CXAE).

Se o uso de todo tipo de recursos compartidos (redes, servidores, almacenamento, aplicacións, servizos) aloxados nalgures en Internet (na nube) na actualidade se está estendendo a todos os niveis, os bufetes non son alleos a este modelo Cloud Computing, que permite tanto aplicacións de xestión do despacho, contabilidade ou bases de datos legais ou xurisprudenciais, como compartir documentación e información de clientes ou con otros avogados. Todo iso, lembremos, cunha reducción significativa de investimentos en infraestructuras informáticas.

Non nos centraremos moito nas bondades do traballo na nube, senón en tres aspectos relevantes a ter en conta polos avogados (tamén válidos, diso non hai dúbida, para outros profesionais e todo tipo de entidades): en primeiro lugar, a responsabilidade e a normativa aplicable, xa que a posición de quen trata os datos é a de ser Responsable de tratamento e, segundo o Art. 20.2 do Regulamento da LOPD, debe velar para que o provedor de servizos cumpra a normativa española de protección de datos.

De ubicarse os datos nun país fóra do Espazo económico europeo, habería que conseguir autorización por parte da AEPD e, en caso de estar ante provedores dos EEUU, terán que adherirse a un acordo de “porto seguro”, obrigados a manter os requisitos legais en materia de protección de datos.

En segundo lugar, a seguridade/confidencialide dos datos: o provedor debe garantir tanto a conservación e cifrado dos datos, como a recuperación destes empregando copias de seguridade periódicas.

Por último, o contrato de servizos a asinar co provedor, establecido no Artigo 12.2 da LOPD, onde teñen que recollerse as seguintes obrigas por parte do provedor: non pode dispor dos datos fóra do expresamente autorizado; debe asumir o rol de Encargado de tratamento de datos; só poderán acceder as persoas autorizadas polo despacho; debe garantirse a portabilidade e dispoñibilidade; e cumprir de xeito dilixente as garantías para a protección de datos persoais, para que o cliente (bufete) non asuma a súa responsabilidade.

A aposta polos servizos de computación na nube é imparable, e semella crucial no aumento da productividade e ganancia de tempos no día a día dos despachos de avogados. Agora ben, se temos gardados con chave todo tipo de datos, non podemos dimitir da responsabilidade de asumir onde se atopan os datos almacenados na nube.

Non é fachenda, pero certamente somos conscientes de que os servizos que dende Ítaca Software Libre ofertamos aos nosos clientes, cumplen estritamente a normativa española en materia de protección de datos persoais, e os despachos poden estar seguros de que poden confiar nos nosos provedores, que ubican toda a información en servidores ubicados en territorio español.

Lunes, 07 de Mayo de 2012 14:40

Asociación Cultural Bande

La Asociación Cultural Bande se dirigió a nosotros porque quería tener una presencia proactiva en la web, sobre todo para difundir las distintas actividades culturales que llevan a cabo, especialmente dirigidas a mujeres.

Teniendo en cuenta el dinamismo de su actividad, se planteó el diseño de un portal web muy visual y agradable a la vista, con un gestor de imágenes potente, y fácilmente actualizable.

Nuestros trabajos

Otras soluciones

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.