Miércoles, 24 de Octubre de 2012 09:55

Estivemos na Libre Software World Conference

Escrito por  asier

Tal e como comentamos a semana pasada estivemos na Libre Software World Conference (LSWC en adiante).

Esta Conferencia internacional vense celebrando en España dende o ano 2004 co nome de Open Source World Conference. No ano 2010, talvez como consecuencia da crise ou talvez non, os organizadores comunicaron a cancelación da conferencia un par de semanas antes de celebrarse. Nese momento algúns dos asistentes deciden iniciar un fork e crean a LSWC organizada nesas dúas semanas, no mesmo sito e coas mesmas datas.

No ano 2011 xa sonou Santiago como lugar de celebración pero finalmente foi Zaragoza a súa sede. Tivemos que esperar só un ano máis, ata o 2012, para celebrala aquí. E vaia por diante o noso agradecemento a todos os que a fixeron posible: organizadores, voluntarios, esponsors...

Realmente é un evento consolidado e ao que asistir supón unha boa oportunidade de coñecer a moita xente implicada na promoción e desenvolvemento de Software Libre a nivel nacional e internacional.

Nesta edición escoitamos a Bruce Perens, cofundador da Open Source Initiative xunto con Eric S. Raymond que é considerado por quen isto escribe un dos colíderes do movemento do Software Libre xunto con R. S. Stallman. De Brasil viñeron Julio Cezar Neves, que asesora ao goberno do Brasil e é unha das persoas máis relevantes no mundo das migracións e Marco Lima, poñendo de manifesto a relevancia que ten este país como punta de lanza do movemento de liberalización. En todo evento informático que se queira prezar, non pode faltar un representante de Google e neste caso foi Jeremy Allison, da oficina de Software Libre da multinacional de Montain View.

Tamén do estado español veu xente a aportar o seu coñecemento e experiencia. Para nós foron especialmente interesantes as experiencias da empresa vasca Irontec na integración de Zentyal, Sugar e Asterisk, ou de Jesús García da Universidade de Oviedo que falou da Responsabilidade Social Corporativa.

Dúas mencións aparte, por unha banda a participación de Tonio Castro, do CeMit e compañeiro da asociación Agnix, que participou na palestra sobre distribucións rexionais...

...e por outra banda a mesa redonda sobre ERP libres na que participiou Jorge Serna de Eneboo. Este ERP, unha rama de Abanq ERP (do que somos partners oficiais) é de recente creación e nace pola necesidade detectada de crear unha comunidade de desenvolvemento que non existía ata o momento. Nós tivemos a oportunidade de seguir este proceso dende hai uns meses e participar na medida do posible na consolidación desa comunidade de desenvolvedores e usuarios. Supuxo unha gran alegría coñecer á xente que lidera todo este proceso e poder intercambiar con eles criterios, inquedanzas, coñecementos e estratexias de definición. De feito invitáronnos a asistir o vindeiro 8 de novembro de 2012 á presentación oficial de Eneboo en Ontinyent (Valencia).

Polo tanto ademais de aprender de moita xente, coñecer a persoeiros destacados no mundo do FLOSS, esta conferencia serviu tamén para ampliar perspectivas de negocio e seguir mellorando no que queremos facer: unha empresa consolidada na provisión de solucións en Software Libre.

Nuestros trabajos

Otras soluciones

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.