Miércoles, 17 de Octubre de 2012 09:34

Ímonos á Libre Software Conference

Escrito por  asier

Publicamos esta nota para darvos a coñecer que mañá e pasado, días 18 e 19, estaremos na Libre Software Conference que se celebra en Santiago de Compostela

Concibimos a nosa asistencia como parte da nosa formación e como unha maneira de apoiar este evento tan importante para a difusión do Software Libre.

Na conferencia teremos oportunidade de compartir coñecemento con algunhas das comunidades de desenvolvedores nas que estamos participando, profundizaremos en moitas opcións de Código Aberto para empresas e coñeceremos a moita xente coa que compartimos inquedanzas e formas de comprender o coñecemento en xeral e a informática en particular.

Para localizarnos, se é que non respondemos ao teléfono, poderedes facelo con comodidade a través do email xa que estaremos tod@s conectados.

Apertas e boa conferencia!!

Nuestros trabajos

Otras soluciones

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.