Martes, 21 de Agosto de 2012 11:57

O Software Libre nos entornos domésticos

Escrito por  asier

Realmente o obxetivo de Ítaca Software Libre non reside tando na promoción do FLOSS, Free Libre Open Source Software, no entorno  doméstico ou persoal,  como na difusión e aproveitamento de ferramentas informáticas libres entre as empresas, e cada vez en maior medida, entre outro tipo de organizacións como ONG'D, asociacións, sindicatos...Sen embargo gústanos incidir tamén nas importantes vantaxes que atoparemos no noso fogar se nos decidimos a instalar Software Libre no noso equipo.

Cando mercamos o noso ordeador persoal, deberíamos ter a posibilidade de solicitarlle ao vendedor a provisión do equipo sen Sistema Operativo, S.O., e ter a liberdade de poder elexir calquera das opcións que nos ofrece o mercado, que son varias, e non só aquela que determina o fabricante por mor de acordos macro entre corporacións multinacionais, para as que somos únicamente obxectos compradores. Lamentablemente é moi posible que non atopemos a ninguén que nos ofreza esta posibilidade, pero é bo intentalo e solicitalo porque só así faremos posible que algún día esta posibilidade sexa real.

Unha vez dispoñamos do noso equipo sen sistema operativo podemos, se así o desexamos, pensar en mercar unha licencia de Windows pero sobre todo, poderemos estar mais animados a probar algunha das múltiples alternativas que nos ofrecen os sistemas GNU/Linux:

A primeira gran novidade, se apostamos por esta segunda opción é que teremos moitas alternativas que serán de balde. Podemos instalar un S.O. libre desenvolto por empresas ou entidades privadas como Canonical, que é a principal desenvolvedora de Ubuntu (un S.O. que ten alcanzado unha alta tasa de difusión posiblemente pola súa facilidade de instalación e uso), ou por entidades públicas como a Xunta de Galicia, que comezou fai uns anos o proxecto Galinux e que está desactualizado hoxe en día pero que supuxo unha forte aposta polo software libre galego.

Como estas alternativas son de fácil acceso invito a todo o mundo a investigalas e coñecelas. Unha sinxela búsqueda pola rede daranos centos de opcións cada cal máis axeitada para as nosas necesidades xa que existen versións, ou distribucións, de S.O. adaptadas para entornos profesionais, escolares, infantís, para persoas con discapacidade...Prefiro non limitarme a enumerar as súas vantaxes e deixar en mans dos usuarios a opción de explorar. Penso que para pagar sempre hai tempo. E recordo que descargar, instalar, copiar, redistribuir... este tipo de software é completamente legal!

Pero...¿que ocorre se no meu ordeador xa teño Windows? Esto non supón ningún problema porque os S.O. Libres permiten o arranque dual e elexir entre varios S.O. ao inicio do sistema. Únicamente temos que ter a precaución de instalar cada S.O. nunha partición e no caso de que un deles sexa M. Windows asegurarnos de que este é o primeiro que instalamos.

¿Podo probalo antes de instalar? Para facilitar máis as cousas, os S.O. libres soen ofrecer a opción de executalos en sesións Live ou vivas, de tal forma que arrancando o equipo dende o lector de CD/DVD, no que teremos unha copia do S.O., poderemos probar os seus principais elementos e elexir antes de instalar unha distribución de forma definitiva. Todos os cambios no noso equipo serán reversible cun reinicio.

Por último so me falta darvos o derradeiro empuxón e invitarvos a participar dunha nova forma de disfrutar dos vosos equipos domésticos en liberdade e con consciencia e póñome a disposición de axudar a quen precise dos meus, moi modestos, coñecementos.

Nuestros trabajos

Otras soluciones

website 1624028 640 1facturascritps

Escríbenos !!!

contacta

Formulario de contacto

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.