O prazo para presentar a subvención remata o próximo 18 de febreiro.
A Xunta de Galicia ven de sacar unha subvención para a mellora de imaxe, modernización e establecemento de novas fórmulas de comercialización.
Ademais de subvencionar as melloras e acondicionamentos de locais, tamén hai axudas para a mellora a nivel tecnolóxico, no que Ítaca pode dar servizo.
Deixámosvos un resumo das actuacións nas que vos podemos dar servizo.
Para os comerciantes retallistas ou titulares de obradoiros artesanais:- Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do establecemento/ obradoiro e o deseño dos seus produtos.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 4.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
- Novos sistemas de comercialización
- Páxinas web comerciais:
- Comercialización en Redes Sociais
Teñen que permitir por á disposición dos clientes recursos tecnolóxicos, así como a implantación e actualización de páxinas web ou aplicacións para dispositivos móbiles, dirixidos a mellorar a comercialización dos produtos e que conten con tenda online e pasarela de pagamento.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 1.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda. Quedan excluídas neste punto as accións de publicidade.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 8.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %. O beneficiario deste punto queda obrigado á inserción de 5 publicacións semanais
Hai outras opcións tanto para federacións de comerciantes como para as asociacións profesionais de artesáns. Consúltanos o que precises.