É un motivo de orgullo e satisfacción ;) anunciar a nosa recente incorporación como entidade socia a AGASOL.
Dunha maneira ou outra a relación entre Ítaca e AGASOL ten sido estreita durante os últimos anos. Con algunhas das empresas socias coincidimos noutros foros, así por exemplo con Intergal compartimos pertenza a REAS Galicia dende hai anos, e temos concurrido en varios eventos -tanto como asistentes como en calidade de relatores- a prol do Software Libre con varias entidades da asociación.
En Ítaca tivemos sempre moi presentes as actividades de AGASOL pero o certo é que ata hoxe non creímos que fose o noso momento para asociarnos.
Como sempre dende ítaca esperamos poder ofrecer todo o que poidamos tanto á propia asociación como a cada unha das entidades socias, aínda que somos conscientes de que igual non é moito,... e estamos seguras tamén de que esta relación nos axudará a mellorar, a ofrecer servizos de máis calidade ou mesmo a participar e colaborar en proxectos que se nos escapan cando estamos sos.