Viernes, 28 de Diciembre de 2012 15:03

No fin do ano 2012

Escrito por  yolanda
Rematamos outro ano de andadura... un ano no que temos que falar dun balance moi positivo, sobre todo os últimos meses non damos abasto con toda a carga de traballo que temos...

Antes de nada queremos felicitarvos o Nadal, aínda non tivemos oportunidade de facelo, debido en parte a esta carga de traballo e en parte, a que nestas datas andamos un pouco desperdigados. A pesar delo hoxe é o momento, atopamos o oco para desexarvos de todo corazón que a chegada do neno Xesús vos encha de esperanza aos que o estades pasando mal por algunha razón, que vos dea forza para seguir adiante a pesar das dificultades, e para os que non credes, que a ledicia que podemos ter os cristiáns vos chegue e vos contaxie...

Hoxe non podemos máis que agradecer aos nosos clientes e amigos a confianza depositada en nós. Somos conscientes que nos tempos que corren non é fácil meterse en novos proxectos, arriscar, … pero tamén é certo que non nos podemos quedar parados, que se uns polos outros non tiramos, non nos apoiamos, será máis dificil saír da situación global de crise.

Nós, desde o principio, tivemos a convicción de que outra economía é posible, e por iso é polo que tentamos poñer o noso gran de area, dentro desta economía chamada social ou solidaria... e non é só que o digamos de palabra... tamén hai feitos.

Empezamos coa nosa organización, completamente asemblearia. Case todas as decisións pasan por todos, e cando digo todas son todas, dende a redacción dun correo (por poñer un exemplo....) ata canto cobramos, ou se un o necesita máis que outro un mes, ou se baixamos o salario (ou incluso un mes non cobramos) ou o subimos, en función de como está a situación económica de cada un de nós e da empresa, ... e isto aínda que para nós xa é algo asumido no día a día, temos que recoñecer que é froito do traballo en grupo de moitos anos, antes xa de crear a empresa. Somos completamente autoxestionarios, tanto persoal como empresarialmente falando. Persoalmente nós somos os que nos poñemos os horarios e nos xestionamos os tempos de traballo, por suposto temos uns responsables de cada proxecto (tentamos que sexa un técnico e un non técnico para ter as dúas visións) e temos a responsabilidade de tentar levalo a cabo nos prazos e nos termos pactados cos nosos clientes. Empresarialmente falando, non dependemos de subvencións, e tentamos autofinanciarnos.

Respecto aos proxectos, por suposto que hai uns que nos gustan máis que outros, pero pulamos por que sempre estea presente a calidade á hora de levalos á cabo. Tentamos tamén cuidar a xente e empresas coas que traballamos. Algunhas veces se nos ten dado o caso de pensar se rexeitamos un proxecto porque, por exemplo, a empresa que nos quería contratar estaba denunciada porque contaminaba moito... pero ao final non fomos nós os que tivemos que rexeitala... Por sorte non tivemos ningún problema máis deste tipo, pero temos claro para quen non traballariamos...

Tamén temos que falar de que ás veces erramos, nos equivocamos en estimacións de tempos, pode faltar comunicación fluída entre o cliente e nós, … en fin erros que asumimos e tentamos cambiar.

Ao final, os nosos clientes están nos nosos ambientes, por iso temos que nomear a ONGs, asociacións, sindicatos, anpas, tendas ecolóxicas ou de comercio xusto, cooperativas de consumo, librarías, xente e institucións de Iglesia, banca ética, e un longo etc. no que incluimos outro tipo de empresas e profesionais.

E, como xa vos vimos anunciando, todo isto, ímolo reflectir transformando a SL en Cooperativa, polo tanto remata para nós un ano, e remata unha fase: Ítaca Software Libre, SL morre, e nace Ítaca Software Libre, Soc. Coop. Galega, por suposto non nace de cero, nace herdando todo o que vos acabo de contar... Somos conscientes que é un novo reto para nós, é un cambio en moitos ámbitos, seguridade social, facenda, rexistros, … pero é unha coherencia para o resto de sectores nos que xa estabamos traballando, bueno, e só nos queda dicir que esto o facemos con algo de medo porque evidentemente é un novo reto, pero sobre todo o facemos con ilusión e con ganas e esperando que este nacemento nos siga a dar tantas alegrías como nos deu a SL.

Se sientan, te escuchan, te ofrecen soluciones y alternativas. Y siempre están ahí para cualquier contratiempo. No hubiéramos podido contar con nadie mejor que Ítaca para satisfacer nuestras necesidades.
Bárbara Román, de Román Méndez Abogados.

Escríbenos !!!

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.