Viernes, 21 de Diciembre de 2012 08:42

PsicoterapiaLeon

Escrito por  oskar

"En setembro deste ano puxemos en marcha un novo proxecto laboral na nosa cidade de adopción, León. Para iso, consideramos como parte fundamental no seu lanzamento levar a cabo unha boa campaña de publicidade. Convencidos de que na actualidade internet é o mellor medio para darse a coñecer, decidimos facer unha páxina web a través da que toda a poboación puidera coñecernos, ver a nosa forma de traballar e todo aquilo que nos diferenza doutros servizos psicolóxicos do ámbito privado.
A elección dos profesionais para levar a cabo este proxecto estaba clara: os traballadores de Ítaca son vellos coñecidos e, ademais, compartimos e defendemos a súa filosofía de base.
Dende o primeiro momento fomos informados dos tempos e pasos requiridos para o deseño e posta en funcionamento da páxina, así como do seu custo. Moi pronto tivemos novas de Óskar, o técnico responsable do noso proxecto. Dende o principio ata o final deste proceso, a comunicación con el foi do máis fluída. Destacaríamos del as súas boas ideas respecto a todo o relacionado co seu campo de traballo, o interese amosado por mergullarse no noso e así poder transmitir mellor as mensaxes que nós considerabamos fundamentais, así como a súa inmensa paciencia para afrontar e obter o mellor resultado das nosas propias contradicións. Foron días intensos, divertidos en moitos momentos e esgotadores noutros, nos que levamos a cabo un traballo conxunto que finalmente derivou na páxina que está a darnos tantas satisfaccións.
Realmente estamos encantados co resultado acadado. A páxina foi moi ben acollida e valorada tanto polos nosos coñecidos como polas persoas que atendemos, permitíndonos achegarnos a moitas outras que, a raíz da súa publicación, mostraron un maior interese polo noso traballo cotián.
É de agradecer, especialmente nos tempos que corren, atopar e traballar con persoas de tanta calidade persoal e profesional.

Isabel Figueroa Matallín"

Se sientan, te escuchan, te ofrecen soluciones y alternativas. Y siempre están ahí para cualquier contratiempo. No hubiéramos podido contar con nadie mejor que Ítaca para satisfacer nuestras necesidades.
Bárbara Román, de Román Méndez Abogados.

Escríbenos !!!

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.