Miércoles, 28 de Noviembre de 2012 11:10

Mudamos

Escrito por  yolanda

“Algúns dos nosos principios están claros: non nos move o afán de lucro porque podemos vivir con menos, podemos e queremos compartir os recursos que temos en igualdade, cada un de nós traballamos en liberdade e con liberdade para protagonizar o noso destino profesional. Todos e cada un de nosoutros, das nosas familias, dos nosos amigos, dos nosos clientes, do mundo... somos importantes de verdade.”

Se vos paseastes pola nosa Web puidestes ler a cita anterior no apartado de Equipo Humano. A algúns vos sorprendería esta declaración de principios nunha Sociedade Limitada, que o lóxico é que o que pretenda sexa acadar o máximo beneficio, tal e como está estipulado neste sistema económico no que nos toca vivir...

Pois ben, cando o grupo de amigos que formamos Ítaca decidimos emprender, xa tiñamos claro, polo noso rodaxe, que o noso non era seguir as directrices do sistema, e na medida en que puidéramos, pois queríamos afastarnos de ditas directrices. Pero claro, as cousas non soen ser ou brancas ou negras, e aínda que o noso non é estar co sistema é certo que nel si temos que estar, e de repente nos atopamos que o máis fácil, e case a única opción que tiñamos para empezar era montar unha SL, anque tendo en mente pertencer a unha rede de economía solidaria.

E así foron pasando 5 anos, nos que aínda sendo unha SL, traballamos cos principios e valores da economía solidaria (estes principios están moi ben recollidos na Carta Solidaria de REAS), sempre en contacto con outras entidades ou organizacións que loitan porque a economía estea ao servizo da persoa, buscando unha sociedade máis xusta. Dentro destas organizacións estamos en Reas Galicia ou no Foro Microutopías, e colaboramos con outras realidades como Fiare, ou distintas ONGs,… Esto tamén se reflicte nos nosos clientes, que van desde pequenas e medianas empresas a sindicatos, ongs, dioceses, ANPAS de colexios,… e outras organizacións sen ánimo de lucro como mutuas, colexios de traballadores sociais,...

Por todo isto, agora que temos o número apropiado de socios traballadores (como mínimo 3) para montar unha cooperativa, nesas andamos... Porque creemos que a cooperativa é o que mellor reflicte a nosa forma de traballar e de interactuar cos outros...

Despois dunha etapa de formación, xa temos preparados os estatutos que presentaremos nestes días no Rexistro de Cooperativas para a súa cualificación previa. Así que se todo sae como contamos, a partir de primeiros de ano Ítaca Software Libre, S.L., se transformará en ÍTACA SOFTWARE LIBRE, S. COOP. GALEGA.

Mudamos pero no fondo non cambiamos.



Se sientan, te escuchan, te ofrecen soluciones y alternativas. Y siempre están ahí para cualquier contratiempo. No hubiéramos podido contar con nadie mejor que Ítaca para satisfacer nuestras necesidades.
Bárbara Román, de Román Méndez Abogados.

Escríbenos !!!

Este sitio utiliza cookies para mejorar la experiencia de uso del visitante y para realzar tareas de análisis. Al aceptar entendemos que das tu consentimiento a nuestra política de cookies

Acepto cookies de este sitio.