Inicio
Novo Software: TAQUIMETRO v.2

Pantallazo taquimetroDende Ítaca acabamos de liberar Taquimetro.

TAQUIMETRO v.2 é unha aplicación baixo plataforma web a medida en código aberto, para o seguimento e xestión das reparacións efectuadas en talleres mecánicos ou similares.

 

Na primeira versión a aplicación Taquímetro contemplaba as seguintes funcionalidades:

Módulo Xestión de Clientes (miniCRM): Este módulo será un sinxelo CRM para a xestión dos usuarios do taller.
Módulo Xestor de Vehículos. Realizará as funcións de xestión da información dos distintos vehículos no taller.
Módulo Xestor de Reparacións: Seguemento das reparacións efectuadas e toda a información referente a esta.
Fichas de Seguemento das reparacións efectuadas e toda a información referente a esta.

Nesta versión v2.0 a aplicación Taquímetro contempla as seguintes funcionalidades:

Módulo Xestión Empregados: Como o seu nome indica permite o traballo organizado coa información dos traballadores da empresa.s:
Engadir empregado
Editar datos empregado
Eliminar empregado
Consulta datos do empregado
Asignar reparacións a un empregado

Módulo Reloxo de fichado
: Control de fichado dos empregados da empresa.:
Fichado de entrada.
Fichado na saída.
Consulta do historial de fichado.


Módulo de autenticación de usuarios
: Engade posibilidade de distintos usuarios da aplicación cun nome de usuario e un contrasinal.


Módulo de facturación: Permite as operacións básicas de facturación:
Asignación de custes ás reparacións
Posibilidade de listados dos mesmos.


Módulo de informes: Contempla un listado de informes de utilidade para avaliar distintas variables no negocio.


Integración cun teclado virtual
: Realizouse a integración dun teclado en pantalla para o soporte con pantallas tactiles e o seu manexo sen necesidade dun teclado físico.

 

 

 

Descárgao XA!!!

Investimos no seu futuro

Logo FederXunta de Galicia